Lugo, 17 de febreiro de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro asegura que esta foi a lexislatura do rural e a nosa provincia a máis beneficiada polos apoios que o Goberno galego puxo en marcha para as zonas menos poboadas e dirixidos aos profesionais do sector da agricultura e gandaría.
Así por exemplo o delegado explicou que estes apoios se traducen en diversos ámbitos, como por exemplo no social: xa están en marcha 16 casas niño no rural lucense, financiadas integramente pola Xunta, así como 4 casas do maior, todas elas gratuítas para as familias usuarias.
“Sábeo ben o alcalde de Castroverde, que antes non dispoñía de ningún recurso para a atención de nenos de 0 a 3 anos, nin tan sequera un punto de atención á infancia municipal, e agora dispón de dúas casas niño que financia integramente a Xunta de Galicia”
Foi tamén a impulso da Xunta que nesta lexislatura acordouse a ampliación do programa de impostos cero que beneficia a 1.251 parroquias rurais luguesas (o 98,4% do total do territorio da provincia), nas que non pagan o imposto autonómico pola venda, adquisición e agrupación de solo rústico e de parcelas agrarias ou forestais.
“A medida ten como obxectivo favorecer a mobilidade de terras, propiciando a súa transmisión ao sector agrario, e facilitar que as explotacións accedan ao solo agrario con menos custe”-aclarou.
O programa de impostos cero mellorouse recentemente coa eliminación do imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados –de competencia autonómica- para adquisición de vivenda habitual dos mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade no eido rural.
Plan de mellora de camiños
En relación co plan da Xunta para mellora de camiños de titularidade municipal Balseiro explicou que onde o PSOE ve recortes a Xunta aposta por unha mellor planificación e distribución das axudas destinadas aos municipios do rural galego.
Así, ao analizar os resultados das convocatorias anteriores do Plan Marco, comprobouse que quedaban case 6 millóns de euros cada ano sen executar pola falta de xustificación dos concellos. Para axustar o orzamento ás necesidades reais, a Xunta decidiu non completar as achegas con fondos propios na convocatoria deste exercicio e derivar ese orzamento a outras liñas que precisaban de máis crédito.
A convocatoria de 2020-2021 faise con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Para garantir unha repartición, as partidas consignadas para cada concello marcáronse en función de criterios consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), organismo presidido polo PSOE.
Mellora da cobertura móbil
Balseiro amosouse tamén sorprendido que por que os socialistas critiquen o programa autonómico para a mellora da cobertura móbil no rural, xa que eles mesmos apoiaron a súa posta en marcha desde a Fegamp, que colabora no seu despregamento.
“O que non explican desde o PSOE, o que queren ocultar aos lucenses sobre este programa, é que a Xunta viuse obrigada a poñer en marcha un plan para a mellora da cobertura no rural, conscientes de que esta era unha problemática que cómpre atallar, e ante a negativa do Goberno do Estado a facelo”
Neste sentido Balseiro explicou que, tras solicitar reiteradamente ao Estado a inclusión da cobertura móbil dentro do servizo universal de telecomunicacións, o que garantiría financiamento estatal no despregamento das novas redes de comunicación, decidiuse optar por esta solución alternativa, semellante a outras que se están a levar a cabo noutros países europeos para eliminar progresivamente as zonas de sombra.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



