Alfoz, 06 de febreiro de 2020. Alfoz pon en marcha este mes de febreiro, e durante todo o ano, un Ciclo de Cine onde se proxectarán dúas películas cada mes, unha infantil e outra para público adulto (ou para todos os públicos), que abarcarán diferentes xéneros.
Así no mes de febreiro serán películas románticas, dando comezo o venres 14 coa película “Un paseo por las nubes” e o sábado 22 coa película “Shrek”. Os pases serán no Salón de Actos ás 19.00 horas e a entrada é gratuíta.
De este xeito trátase de ampliar a oferta cultural do concello, aproveitando a capacidade comunicadora do cine para conectar con tódolos públicos e trasladar diferentes problemáticas, promovendo unha reflexión e o pensamento crítico ao tempo que se dinamiza a vida cultural do Concello de Alfoz.
Á iniciativa, que parte da Concellería de Cultura, súmase tamén a Concellería de Igualdade, facendo especial fincapé en elixir títulos que sensibilicen á poboación a prol da igualdade real e en contra da violencia, convertendo o cine nunha ferramenta fundamental para facer reflexionar, sobre estas e outras cuestión sociais, grazas a capacidade de representación de grupos diversos e motor de cambio social.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



