Burela, 5 de febreiro, 2020. A última novidade laranxa é unha Guerreira coñecida. Tras seis meses no seu país por motivos académicos, a brasileira Camila Gadeia Silva (São Paulo, 1990) volverá defender o 8 do Pescados Rubén Burela FS, con máis ganas ca nunca. “O equipo medrou esta tempada, cun cadro máis amplo e completa. Creo que podemos pelexar por todos os títulos. Tiña ganas de volver e chego moi contenta. Quero axudar o equipo e poder volver xogar ben, recuperar a miña mellor versión, como acabei a tempada pasada, ou ata mellor”, así se mostraba Cami, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego.
A peche traballa para estar ás ordes de Julio Delgado e Lucas: “Pablo, o preparador físico, e David, o fisioterapeuta, estanme axudando para estar ao máximo canto antes. Queda pouco para que poida volver estar á disposición dos adestradores, se así o estiman oportuno”, falaba así a Cami da súa recuperación de nocello tras a disputa e o título da Copa América co Brasil. “Tiven a oportunidade de vivir novas experiencias e seguir aprendendo no meu país durante estes meses co São José e co Brasil”, facía así balance a burelista do seu periplo recente sobre as pistas, lembrando a celebración de Copa de SM A Raíña, pero tamén lamentándose por non poder estar en Burela, para gozar do título de Supercopa de España. “Foi moi emocionante; vivino como afeccionada seguindo o partido pegada ao móbil”.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
