O Castelo álzase co título do XXV Campionato de Tute Concello de Cervo que se xogou desde o mes de novembro nos diferente establecementos; e tamén coa copa que se desputou por primeira vez nesta edición. O alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e o coordinador do campionato, Félix Fernández, foron os encargados de entregar os trofeos, e un agasallo a cada un dos participantes. A clasificación quedou do seguinte xeito:-O Castelo 103 puntos -Telvi´s Place 100 puntos -O Camarote 88 puntos
-Mesón da Ría 82 puntos -A Cerve 82 puntos -O Almacén 78 puntos -O Trasgo 70 puntos -Río de Oro 69 puntos. Mellor parella: Paquito e Segis, do equipo do Castelo.
