Burela, 8 de febreiro, 2020. Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. O alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas.
Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas modalidades que se ofertaban:
Individuais: 4 en liña, Damas e Xadrez;
Parellas: Construcción de Puzzles;
Equipos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos.
Da organización e coordinación dos Campionatos nos recreos encargaronse os alumnos/as Alejandra, Cristian e Serxio na modalidade individual e Manuel na modalidade por equipos.
Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, foron:
4 en liña: 1º posto para Laura Alonso Fernández 1º ESO A. 2º posto para Noa Martínez Casas 2º ESO B
Damas: 1º posto para Fabio de Barros Gomes 1º ESO B. 2º posto para Iago Mon Fraga 2º ESO B
Xadrez: 1º posto para Raúl Cayón Fernández 2º ESO A. 2º posto para Alexandre García Pousa 1º ESO C
Puzzles: 1º posto para Yorel Ladra Ballesteros & Lucas Fidalgo Mendes 2º ESO C. 2º posto para Noelia Fernández & Zoe Arias Lamelas 1º ESO A
Baloncesto: 1º posto para o Equipo 2º ESO A. 2º posto para 1º ESO C
Fútbol Sala: 1º posto para Equipo 2º ESO C. 2º posto para Equipo 1º ESO C