Foz, 03 de febreiro de 2020. A Concellería de Normalización Lingúistica do Concello de Foz ven a convidar a todolos veciños e a cantos queran, a celebrar a nosa poeta, no 183 aniversario do seu nacemento. Dende 2019 o espazo profundo conta cunha estrela que tras a decisión da Unión Astronómica Internacional foi nomeada como Rosalía de Castro. Foi tras das xestións da Agrupación Astronómica Io da Coruña. Esta Asociación cedeu a Concellería de Normalización Lingüistica de Foz dous paneis informativos que inclúen a localización da estrela e información da galaxia onde se atopa. Poderanse ver dende o vindeiro 10 de xaneiro até o 03 de marzo na Biblioteca Salgado Toimil. Celebraremos tamén deste xeito o Día Internacional da Lingua Materna proclamado pola UNESCO e que ven celebrándose todolos 21 de febreiro. A nosa lingua está en franco perigo. A perda da transmisión lingüística interxeracional condena o galego. Advírteo o Consello de Europa no seu informe de 2019.Dende Foz faremos o posible por revertir esta situación.
Para celebrar o día de Rosalía o Concello de Foz adhírese tamén a iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e realizará a lectura do manifesto no día de Rosalía deste ano. A Concellería de Normalización Lingüística convida a quen quera participar a un acto de lectura de poemas da nosa escritora nacional no Cenima o vindeiro día 24 de febreiro a partir das 17 hs. Que Galiza teña como referencia nacional unha muller xa é ben significativo e é motivo de celebración. No fondo, son a súa rebeldía e ese estar sempre á beira dos humildes as ideas xerais que manexa o pobo galego cando escolle Rosalía de Castro para darlle nome a unha escola, a unha rúa, a un grupo folclórico, a unha sociedade de emigrantes, a unha publicación e agora a unha estrela.
Por último compartimos as palabras do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2020, Ricardo Carvalho Calero, sobre a nosa poeta, a quen dedicou gran parte do seu rigoroso traballo crítico: “A realidade rosaliana é particularmente complexa -mesmo, a nível superficial, contraditória, ainda que, a nível profundo, se conciliem as contradiçons na raiz unitária da singularidade pessoal de Rosalia. […] Enfim, Rosalia é umha rosa de cem folhas.” Agora tamén unha estrela.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



