Ribadeo, 18 de febreiro de 2020.- O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Daniel Vega, pon en valor os máis de 7 millóns de euros de investimento que dirixiu o goberno galego ao municipio durante o 2019. Pero, “esta cifra increméntase ao engadir as achegas da Xunta para sufragar o funcionamento dos principais servizos públicos do municipio como son o centro de saúde ou os centros de ensino público –CEIP Gregorio Sanz, IES Dionisio Gamallo Fierros, CIFP Porta da Auga e a ECA Pedro Murias-”, asegura.
O popular fixo balance das achegas da administración autonómica nunha xuntanza co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na que destacou os “máis de 276.000 euros que dirixe o goberno galego para o mantemento do servizo de axuda no fogar e nos máis de 371.000 euros que o goberno galego achegou ao Concello con cargo ao Fondo de Cooperación Local para acometer obras e prestar os servizos aos veciños e veciñas que sexan máis apropiados”. E, en relación ás achegas para realizar melloras, destaca os máis de 143.000 euros para a estación de autobuses.
No ámbito do emprego “a Xunta dirixiu máis de 1,3 millóns de euros a Ribadeo e os ribadenses en forma de axudas a autónomos, pequenas empresas, colectivos comerciais e tamén á propia administración local” para sufragar a contratación dun AEDL, un orientador laboral, 5 traballadores perceptores da RISGA, un traballador máis con cargo ao programa Aprol Rural e un total de oito socorristas durante dous meses. Ademais, Vega pon en valor “o desenvolvemento de cursos AFD no CIFP Porta da Auga e dous obradoiros de emprego nos que participan 36 persoas en situación de desemprego grazas a un investimento de máis de 516.000 euros.
Medio ambiente e vivenda
En materia de vivenda e medio ambiente, Ribadeo viuse beneficiado na pasada anualidade con preto de 2,3 millóns de euros. Destes, 1,1 millóns dirixíronse ás áreas de rehabilitación (ARI) do conxunto histórico ribadense e do núcleo de Rinlo e outros 982.000 euros corresponden á achega da Xunta establecida no convenio para a construción e rehabilitación de 40 vivendas na rúa Rafael Fernández Cardoso. “A renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros foi posible grazas a unha achega de máis de 72.000 euros por parte da Xunta con cargo ao plan Hurbe”, sinala o voceiro dos populares ribadenses. “O compromiso do goberno galego coa divulgación do noso patrimonio natural demóstrase coa achega de máis de 61.000 euros para o servizo de actuación do uso público e divulgación dos valores naturais da Praia das Catedrais”, engade Vega.
Apoio ao medio rural e do mar
“A Xunta de Galicia apoia ao noso rural coa achega de axudas agricultores e gandeiros”, segundo explica o voceiro dos populares poñendo en valor “os 1,6 millóns de euros que dirixiu a Ribadeo no 2019”. Trátase, principalmente, de axudas dirixidas de forma directa ao sector que suman máis de 1,3 millóns ás que hai que engadir outras axudas puntuais en concepto de plans de mellora, novas incorporacións, pequenas explotacións e horta. “O goberno galego investiu tamén preto de 30.000 euros en Ribadeo para arranxar camiños con cargo ao Plan Marco 2018-2019 e achegou máis de 26.000 para a adquisición dunha motobomba e un tractor”, manifesta Vega.
O sector do mar, pola súa banda, viuse beneficiado en Ribadeo con preto de 335.000 euros que investiu a administración autonómica en concepto de axudas ou para levar a cabo proxectos coma o da reforma da climatización no centro de cultivos mariños.
Outras achegas
Daniel Vega non quixo esquecer outras achegas para a mellora de establecementos turísticos, o desenvolvemento de distintos programas culturais –O teu Xacobeo e Rede Galega de Teatros e Auditorios-, o apoio ás Festa das Cruces de Arante declarada de interese turístico ou investimento dirixido a outros ámbitos diversos coma o deporte, a igualdade, a prevención de condutas aditivas, emerxencias, a conservación fluvial ou a dixitalización do patrimonio cultural.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



