O Valadouro, 19 de febreiro, 2020. O próximo domingo 23 de febreiro, O Valadouro celebra o seu desfile de entroido polas rúas da Vila de Ferreira a partir das 17:00 horas. A inscrición anticipada xa está aberta e toda a información na paxina web valadouro.org e no teléfono das oficinas de cultura 982571516. O mesmo día do desfile os participantes poderán inscribirse nas instalacións do Parque Concepción Areal de 15:30 a 16:30 horas.
Ante un desfile que medra ano tras ano, o Concello repartirá máis de 3500€ en premios nas categorías: individual, parellas e grupos tanto en infantil como adulto, unha categoría de comparsas con 800€ en premios para as 3 mellores e un único premio o entroido co mellor humor de 60€.
Os participantes partiran do Parque Concepción areal para desfilar pola Rúa Andrés López Palmeiro, Paza de Santa María e Avenida de Viveiro. Posteriormente haberá un baile de disfraces amenizado pola discoteca móbil EVENTEC no pavillón Municipal.
O Concello de O Valadouro para a celebración do desfile de Entroido terá cortadas o tráfico as Rúas Andrés López Palmeiro, Xistral e Fonte Nova así como a Avenida de Viveiro e Avenida da Costa. Tódolos aparcamentos municipais estarán dispoñibles excepto a Praza de Santa María e a Rúa Andrés López Palmeiro.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



