Viveiro, 12 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro presentou hoxe a programación do Antroido 2020, que este ano chega con moitas actividades para todas as idades desde o día 20 e ata o 29 deste mes.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández, presentaron hoxe en rolda de prensa a programación, que comeza co Xoves de Comadres o día 20 e o desfile dos colexios o venres 21.
O sábado 22 será o Certame de Alpuxarradas, o luns 23 o Entroido miudo e o martes 25 os Cantos da Taberna e o gran desfile, que sairá ás 17:00 horas do aparcadoiro da variante para rematar na praza Maior.
O concello repartirá no desfile máis de 5.500 euros en premios nas diferentes categorías e o prazo para apuntarse remata o 20 de febreiro. Establécese ademais unha axuda especial por importe máximo de 200 euros, que se concederá a cada unha das carrozas participantes no desfile. Para poder obtar a dita axuda teñen que estar inscritas no prazo establecido
A programación continúa o mércores 26 co Enterro da Sardina e rematará o sábado 29 de febreiro co Entroido de Galdo, poñendo desta maneira fin a dez días de festa e diversión.
“Xa temos gañas de Entroido, de disfraces e de pásalo ben, cunha gastronomía que sempre axuda; a programación municipal está planificada para que todos os veciños e veciñas, independentemene da súa idade, poidan disfrutar das actividades”, afirma a alcaldesa de Viviero.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



