Santiago, 12 de febreiro de 2019. O voceiro de En Marea, Luís Villares, o deputado Pancho Casal, o coordinador de En Marea en Mondoñedo, Manuel Xermade e o presidente de ACOUGA (Asociación Galega de Consumidores e Usuarios), Manuel Pérez Arias, mantiveron unha xuntanza cos afectados polo Parque Eolico de Sasdónigas no Parlamento Galego. Despois da xuntanza e acompañados dos medios de comunicación proxectaron un documental que denuncia todas as irregularidades que se cometeron e que inda seguen acontecendo en Mondoñedo e que xa provocaron danos irreversibles.
Os feitos que denuncian resúmense en tres grandes bloques, danos ao patrimonio, ao noso medio e danos sociais. Dos primeiros destaca un asentamento romano inventariado no PXOM de 2016, e que a Empresa dende o primeiro momento intentou obviar. Ademais o camiño de Santiago no que tantas esperanzas pon o presidente da Xunta de Galicia transita polo medio do parque, como amosan numerosas fotografías e a documentación das afectacións.
Os danos o medio tamén son evidentes. A instalación dun parque destas características nunca ten un coste ambiental igual a cero pero e que, neste caso e tal como explica o xeólogo Iván Rodriguez Lombardero, o chan deste parque é de turbeira en case toda a totalidade, que están protexidas pola normativa ambiental europea, e esta zona é unhas das poucas que existen na Península.
Este chan fai efecto de capa de cobertor fronte as emisións de CO2 polo que teñen moitísima importancia na conservación natural . Neste caso, ao ser revoltas o efecto é todo o contrario, producen unha emisión de gas a atmosfera, sendo un ataque medioambiental. Tamén houbo modificacións nos acuíferos, pois ao ser canalizados, regos que vertían a Conca Hidrográfica Norte, pasan a facelo a Conca Miño-Sil, sen que ningún organismo de control administrativo dixera nada.
A realidade é, segundo Xermade que “a empresa é dona e señora de todo , e fai o que quere, porque o Concello agocha a cabeza e a Xunta de Galicia o permite”. Por último están os danos sociais un verdadeiro “asoballamento aos propietarios a hora de pagar polas terras”. Os números están aí: 0.17€/m por terreo de plena ocupación e 0.017€/m por afectación eólica. Así , por exemplo unha finca de 30.000m (3 Hectáreas) pasa a pagarse ao redor de mil euros, en pago único por trinta e un anos, atopándose pagos de terreos de centros de metros de cantidades ridículas, como 3, 7 ou 25 €.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candía, defendeu este proxecto porque ía crear postos de traballo e crear riqueza. Por este motivo a empresa beneficiouse dunha rebaixa de impostos por medio do Convenio Doing Bussines, que ao final resultou a creación de 5 postos de traballo para toda a provincia de Lugo ( cando nun principio ían ser cinco por cada parque eólico) e unha diminución de ingresos moi importante para as arcas municipais. “temos un Parque Eólico que arruina a veciñanza, que non vai producir riqueza máis que para a Empresa, que desfai e maltrata o medio natural , e que ataca seriamente ao Patrimonio Público. E tamén temos a Xunta que é mantén unha política de man dura coas xentes que queren conservar seu patrimonio, pero que é moi laxa e tolerante con Norvento” recalcaba Manuel Xermade.





















Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



