Burela, 3 de febreiro, 2020. Descanso de liga pero sen tregua sobre a pista. Vista Alegre acollerá mañá, martes 4, un amigable entre o Pescados Rubén Burela FS e a Selección de Xapón, ás 20.30 horas. Será o preámbulo dun desafío máximo con cuartos de Copa do Rei, o mércores 12, na pista do FC Barcelona (Palau, 15.30 horas), co regreso á competición regular xa o sábado 15, coa visita doutro titán, ElPozo Murcia, á comarca da Mariña.
O combinado nipón recalará na Bomboneira tras a vitoria de onte fronte ao Parrulo (2-3). O enfrontamento co Esteo, o xoves, completará o stage da selección do galego Bruno García como preparatorio do AFC Futsal Championship (26 de febreiro-8 de marzo) en Turkmenistán e que será clasificatorio para o Mundial de Lituania 2020.
Xunto aos lesionados Amoedo e Pitero, tampouco entrará na convocatoria laranxa Lucho, por molestias, nin Xande, inmerso no clasificatorio con Uruguai. Quelle, Renato Rodrigues e Bruno serán algúns dos xuvenís da lista de Juanma Marrube para a cita, na que tamén estará M. Kaluza tras os seus compromisos con Polonia.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
