Santiago, 9 de febreiro de 2020. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou esta semana un convenio de colaboración co presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, Basilio Otero, que ten como obxectivo financiar os gastos correntes que se produzan como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do 2020. O acordo, que se asina cada ano, dá continuidade aos xa firmados nas últimas semanas tanto coas federacións galega, coruñesa e pontevedresa de confrarías de pescadores como coa Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao.
Con esta colaboración a entidade lucense disporá de 45.000 euros para os gastos que se consideran subvencionables a través destes convenios, entre os que se atopan os de contratación de persoal, amortizacións, financiamento de gastos correntes como arrendamentos, reparacións e material de oficina ou indemnizacións por razón de servizo, entre outros.
Para o control deste convenio crearase unha comisión de seguimento composta por dous membros a designar por cada unha das partes asinantes. Por parte da federación serán o presidente e o secretario e os outros dous membros dependerán da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar. A vixencia desta colaboración é ata o 31 de decembro do 2020.
A estes acordos de colaboración para o funcionamento das federacións de confrarías súmanse outros que están en tramitación -materializaranse nos próximos meses- e dos que se benefician tamén as catro organizacións de confrarías para o desenvolvemento de accións que melloren a competitividade da actividade marítimo-pesqueira. Os fondos destinados a esta partida permiten apoiar accións como a implantación de novas tecnoloxías para facilitar a actividade das federacións ou a organización de cursos e xornadas temáticas de interese do sector.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



