Mondoñedo 2 de febreiro de 2020.- Mondoñedo e O Vicedo presentarán na 21 edición de Xantar, que se celebrará en Ourense dende o 5 ao 9 de febreiro, dous dos recursos naturais máis destacados cos que contan estes dous municipios. Trátase, no primeiro caso, da Cova do Rei Cintolo e, no segundo, do Fuciño do Porco.
A alcaldesa mindoniense, Elena Candia, destaca que se trata “dunha oportunidade extraordinaria para dar a coñecer o gran potencial turístico, gastronómico, patrimonial e paixasístico dos nosos municipios”. E é que Xantar é a única feira internacional de Turismo Gastronómico que recolle o catálogo oficial de Feiras Comerciais Internacionais españolas que publicou a Secretaría de Estado de Comercio do ministerio de Economía, Industria e Competitividade no BOE 313 do 28 de decembro de 2018.
Coa súa presenza e participación, estes dous municipios darán a coñecer neste encontro os seus recursos naturais e turísticos máis emblemáticos. “Será un escaparate do noso”, afirma Candia, pois ao longo destes 20 anos, esta feira é un reclamo para aquelas persoas, colectivos, entidades e profesionais interesados nos produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, converténdose así nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros tanto de España como de Portugal. Esta diferenciación atrae, ademais, a outros participantes internacionais, fundamentalmente de Iberoamérica, e permite crear redes de cooperación en materia de gastronomía e turismo sostible e saudable.
Elementos en común
Os dous municipios participan conxuntamente nesta iniciativa porque, ademais de ser “unha aposta pola xestión sostible”, comparten elementos comúns. “O Fuciño do Porco é a entrada no mar e, a Cova, a entrada na terra”, subliña a rexedora mariñá.
Ambos os dous recursos están a experimentar unha alta demanda, contando cada vez con máis visitantes. No caso da Cova, cun desenvolvemento interno de máis de 6.000 metros de galerías, preséntase como un complexo kárstico único en Galicia. Co fin de potenciar esta riqueza, o Concello habilita dende marzo a decembro un servizo de visitas guiadas, que se establecen en tres quendas: 12.00 horas, 17:00 e 18.30 horas.
O Fuciño do Porco, coñecido con este nome pola forma que se presenta ante os mariñeiros da zona que o avistan dende o mar, é un pequeno saínte costeiro entre as praias de Area e San Román. Oficialmente denomínase Punta Socastro e ofrece unhas vistas espectaculares e únicas do Cantábrico.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



