Ribadeo, 5 de febreiro de 2020. O alumnado de infantil e de primaria dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón participará este xoves e venres nas Viaxes no tempo, que organizan a Concellaría de Igualdade e o CIM co obxectivo de ofrecerlles referentes femininos comarcais, galegos e internacionais. A actividade enmárcase no proxecto Eu quero ser coma… que Igualdade en colaboración cos centros educativos está levando a cabo para o alumnado do colexios ribadenses.
As Viaxes no Tempo desenvolveranse na Escola Municipal de Música de Danza mañá e o venres en horario de 10 a 13 horas. O xoves, día 6, pasarán pola Escola en 2 quendas todas as clases de infantil e primaria do Gregorio Sanz, e o venres, día 7, acudirán tamén en 2 quendas todo o Sagrado Corazón.
Desde a Concellaría de Igualdade explican que “a actividade consiste en que o alumnado viaxará no tempo para coñecer a diferentes persoeiras de diversos ámbitos (música, pintura, ciencia, literatura, deporte, etc…), algunhas delas orixinarias da Mariña coma Maruxa Mallo, outras galegas como a primeira muller futbolista Irene González, ou a primeira astrónoma galega Antonia Ferrín, e outras de ámbito internacional como a cantante Violeta Parra ou a precursora do wifi: Hedy Lamarr, entre outras”.
E engaden que “para isto o alumando da clase de coeducación do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, 4 profesoras dese mesmo centro e 2 voluntarias do grupo de teatro de Ribadeo, encarnarán os papeis desas mulleres e recibirán ao alumnado cada unha nunha aula da Escola. No momento no que o grupo atravese esas portas, deixará de estar no 2020 para remontarse a outros anos, e poder gozar das anécdotas e das aventuras contadas de primeira man por mulleres que aínda hoxe son recordadas polo seu papel na historia, pese a que nun primeiro momento a maioría sufriron moitas trabas para poder chegar onde chegaron, pola condición de ser mulleres”.
Desde Igualdade subliñan que “o obxectivo deste proxecto é ofrecer á rapazada referentes femininos, tan escasos nos libros de texto”.
Nas portas das aulas da Escola de Música haberá colocados carteis destas mulleres que foron e seguen a ser un referente.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



