Burela, 6 de febreiro, 2020. O “Clube Burela Pádel” debutará este domingo 9 de febreiro como local na segunda xornada da Liga Galega Masculina de 4ª Categoría co seu partido fronte ó D10C de Outeiro de Rei, que terá lugar nas pistas de Activity Center de Burela ás 12:30h.
O “Clube Burela Pádel”, que se creou o pasado mes de outubro, forma parte do Grupo 8 da Zona Norte, na que se mide a outros equipos da provincia, como o Club Pádel Viveiro Hotel Ego Urban, o Clube Lucense de Pádel-B, o Bar Avenida Pádel Monterroso, o Apetéceme Pádel Nuestro, o Lemos Pádel-A ou o Clube de Pádel Villalba-B.
Precisamente o debut na casa será fronte ó actual líder do grupo, pois o D10-C Outeiro de Rei encabeza a clasificación despois da primeira xornada disputada.
