Viveiro, 1 de febreiro, 2020. Ante a moción presentada polo grupo Por Viveiro para destinar o casino a un centro de actividades náuticas, o BNG de Viveiro considera o texto da moción curto de miras. Tan só se fala do edificio, que pasa coas pistas e o espazo que o rodea? Menciona os clubes de piragüismo, de remo, de submarinismo…mais, dentro das posibilidade todos os clubes xa conta con instalacións.
Por todxs é sabido que a nosa mocidade non ten un lugar onde pasar o tempo, fóra dos bares e a rúa, cunha casa da xuventude completamente insuficiente. Por iso dende o BNG de Viveiro, consideramos que o edificio do casino e a súa contorna, debera destinarse a atender a esa franxa de idade que a día de hoxe non conta cun espazo. Convertir o Casino nun centro polivalente, aberto a todos os colectivos, con actividades programadas, material deportivo e incluso sala de festas parece a opción máis sensanta.
Dado o estado de deterioro das instalacións non podemos pedir sen máis que sexa cedido, outra pataca quente coma o peirao, incluso unha vez despois da reparación, pois unha instalación deste tipo supón un custe adicional ás arcas do concello en canto a mantemento e persoal, polo que consideramos necesario implicar neste proxecto á Dirección Xeral de Xuventude, un aspecto máis polo que o texto da moción resulta insuficiente.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



