Viveiro, 1 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro anuncia o lanzamento de ‘Viveiro Inclúe’, unha nova marca para facer do municipio un lugar máis accesible.
O proxecto inclúe a creación dunha mesa cidadá onde a veciñanza poderá facer propostas e a formación dun grupo mixto que traballará en iniciativas novas ou na adecuación das existentes en favor das persoas con diversidade funcional.
As concellerías de Cultura e Benestar Social, que coordinan Lara Fernández e Victoria Baamonde respectivamente, colaboran no lanzamento da marca ‘Viveiro inclúe’, que aspira a facer do municipio viveirense un lugar máis accesible para as persoas con diversidade funcional.
“A nosa acción de goberno ten desde un primeiro momento entre as súas prioridades que Viveiro sexa un municipio inclusivo para todo tipo de persoas e colectivos e accesible para aquelas persoas con diversidade funcional, polo que este tipo de proxectos son o resultado dese compromiso”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
O proxecto constará de dous piares. ‘Viveiro inclúe’ creará unha plataforma cidadá de participación aberta, a fin de que as persoas que integren a mesa poidan propoñer, desde distintas experiencias vitais e profesionais, accións ou iniciativas para unha mellora da accesibilidade no municipio. Todos aqueles viveirenses que teñan algunha proposta que formular ou algunha dificultade diaria que poñer de manifesto, están convidadas a participar.
Será un equipo mixto do Concello o encargado de dar forma ás propostas. Con este obxectivo formarase un grupo multidisciplinar, que traballará en novos proxectos ou adecuará os existentes para que ofrezan esa necesaria accesibilidade. Unha das iniciativas contempladas polo goberno local é, por exemplo, a instalación de semáforos sonoros na Cidade do Landro.
A marca ‘Viveiro inclúe’ nace dun evento pioneiro como ‘Superarte’, a mostra de teatro feito por persoas con diversidade funcional, que no pasado mes de outubro celebrou con éxito a súa segunda edición.
En ‘Superarte’ se poideron individualizar, entre outras, as seguintes necesidades e obxectivos:
-Facer partícipe e coñecedora á sociedade da realidade e capacidades das persoas con diversidades funcionais e intelectuais.
-Favorecer a interacción das persoas de persoas con diversidades funcionais e intelectuais coa contorna mediante o proceso de mellora da accesibilidade dos espazos.
-Favorecer a toda a sociedade no acceso aos servizos da comunidade, adaptando espazos.
A intención das concellerías de Cultura e Benestar Social é que a creación da marca vaia ao pleno do mes de marzo.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



