A Mariña, 1 de febreiro de 2020. O ciclo de asembleas informativas convocadas pola Plataforma Sanitaria da Mariña rematou na noite de onte coa celebración da última das tres que se organizaron, no Centro Sociocultural de Alfoz. O acto, que comezou ás oito da tarde, foi un éxito tanto en asistencia como en participación , ao igual que nas celebradas en Viveiro e Barreiros.
O formato das asembleas foi igual nas tres, comezando cunha exposición da situación sanitaria en Galiza en xeral e avanzando ata a comarca da Mariña . Os actos contaron coa presencia de diversos colectivos para analizar todos os ámbitos. Integrantes da Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública abriron os actos para falar do desmantelamento progresivo e continuado, do que está a ser vítima a Atención Primaria, con desabastecemento de material e falta de cobertura dos permisos ou baixas do persoal.
Este colectivo sanitario abordarou tamén a ampliación do hospital da Mariña, ampliación moi necesaria e conseguida froito da loita social durante anos.Lamentaron que esa gran obra civil non fora acompañada de novas prestacións de servizos coma a resonancia fixa prometida cando houbese sitio para ela, a densitometría ósea,as placas dentais ou a electromiografía e electroencefalografía. Igualmente tratouse a blindaxe de servizos existentes no hospital e a creación de novos servizos e prestacións, que consideramos básicas e irrenunciables para a dotación dun hospital .O aumento das listas de agarda a pesares da maquillaxe de datos por parte do SERGAS foi un dos temas que causou máis indignación a veciñas e veciños.
Enfermeiras Eventuais en Loita asociaron a precariedade laboral á perda de calidade asistencial e á repercusión negativa sobre os coidados a pacientes
A continuación o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita puxo de manifesto que a precariedade laboral á que teñen sometido a este colectivo, acumulando máis de cincocentos contratos tras dez anos de traballo ,sen dereitos a descansos reglamentarios, vacacións ou sabendo que se collen unha baixa por enfermidade lles vai supoñer a non renovación dalgún un pouco máis longo ( de un mes), repercute directamente sobre sobre a calidade asistencial. “ Non podemos impartir os coidados que @s pacientes merecen cando estamos cada día nun sitio diferente, sen ter a oportunidade de coñecer a historia e evolución da persoa enferma,e eso perxudica á sua evolución ao tempo que causa frustración en nós”-lamentan.
O colectivo de técnicos de transporte sanitario analizaron as consecuencias da supresión dun técnico na ambulancia medicalizada.
Nas asembleas participou tamén un TES,que analizou as consecuencias para a comarca da supresión dun dos técnicos da ambulancia medicalizada.Explicou que no caso dunha emerxencia que precise da presencia da ambulancia medicalizada,os efectivos actuales non son suficientes e moitas veces teñen que solicitar a presencia dunha segunda ambulancia básica que lles aporte reforzo de persoal, o que implica derroche de recursos e que esta segunda ambulancia non preste servizo noutros lugares mentres esté reforzando á medicalizada.
A Plataforma Sanitaria amosa a súa indignación pola represión e censura da dirección do centro ao retirar dúas pancartas da fachada do hospital.
A retirada no día de onte de dúas pancartas da fachada do hospital por parte da dirección do centro, en cumplimento da instrucción emitida polo SERGAS, causa indignación no colectivo, que ve nestas actuacións un acto represivo e de censura sanitaria. Segundo @s activistas sanitari@s, estas actuacións propias de gobernos totalitarios , que nos retrotraen a tempos da dictadura, non van conseguir que deixemos de informar, de mobilizarnos e de protestar polas políticas de privatización e de desmantelamento da sanidade pública.”Lonxe de conseguir o seu obxectivo, o que lograrán será o efecto contrario, magnificando as mobilizacións”-conclúen


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



