Lugo, 7 de xaneiro de 2020. A conselleira de Política Social, Fabiola García, abriu na tarde de hoxe, na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, o ciclo de conferencias, organizado polo PP de Lugo, O Reto Demográfico: Máis Rural, Máis Lugo, que se prolongará ata o próximo mes de xuño, co obxectivo de analizar e aportar solucións fronte o problema do despoboamento. A conselleira falou de Facer de Galicia o mellor lugar para formar unha familia. O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, deu a benvida á conferenciante e ao resto dos asistentes e a presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, explicou o obxectivo das xornadas que comezan e fixo a presentación da relatora.
Candia indicou que para o arranque do ciclo de conferencias elixiuse Outeiro de Rei por tratarse dun municipio no que, cun goberno do PP, se crearon as condicións adecuadas para estar libre de sufrir o problema do despoboamento. Tamén indicou que os populares quixeron abordar neste primeira entrega do ciclo a Lei de Impulso Demográfico de Galicia, porque marcará “un antes e un despois” na loita contra o despoboamento; “unha loita que en Galicia está liderada polo PP e sinaladamente pola Xunta de Galicia”, defendeu.
A este respecto, apuntou as distintas medidas xa adoptadas e previstas polo Goberno de Galicia para reverter a situación de despoboamento que xa se dá en distintas zonas de Galicia, en xeral, e da provincia de Lugo, en particular. A presidenta dos populares lucenses aludiu á necesidade de que se impliquen outras administracións públicas, e botou en falta que a Deputación de Lugo “non teña feito nada eficaz” neste sentido desde que goberna desde 2007. Felicitouse de que o movemento veciñal tamén se sume á busca de solucións contra o despoboamento.
A 1ª comunidade de España
Fabiola García salientou que Galicia será a primeira comunidade a nivel nacional en elevar as políticas demográficas a rango de lei. Nesta liña, destacou que o obxectivo da Lei de impulso demográfico é que todas as familias que queren ter fillos en Galicia conten con máis facilidades que en ningunha outra parte.
Así mesmo, subliñou que Galicia xa é pioneira neste eido coa posta en marcha de iniciativas innovadoras como as casas niño e as casas do maior, que crean novas opcións para conciliar en lugares onde antes non había.
Máis medidas para fixar poboación
Indicou que a Xunta de Galicia lanzará nas vindeiras semanas unha convocatoria extraordinaria de axudas para que todos os concellos galegos de menos de 5.000 habitantes sen escola infantil ou centro similar poidan contar cunha casa niño. Tamén apuntou que o obxectivo do Goberno galego é acadar a lexislatura con 60 casas do maior, pequenos centros de día asentados nos concellos do rural.
Outra das medidas históricas que a conselleira de Política Social destacou na súa intervención foi a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos para os segundos fillos e sucesivos, independentemente da idade que teña o primeiro. Unha medida que se porá en marcha a partir do 1 de abril nas escolas de titularidade autonómica, nas de iniciativa social e nas privadas.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



