Lugo, a 17 de febreiro de 2020. Os deputados provinciais Javier Castiñeira e José Antonio García, viceportavoces populares, anunciaron está mañá en rolda de prensa que o Grupo Provincial do PP presentará recurso contra o decreto do presidente, o socialista José Tomé, polo que a Deputación adquiriu unha acción do capital social da empresa Transformación Agraria S.A. (Tragsa). Deste xeito, Tragsa pasou a ser medio propio personificado da Deputación e a xunta de goberno encargoulle o mantemento e conservación das zonas verdes de titularidade provincial, servizo que ata entón atendía a Sociedad Urbanística Provincial de Lugo S.A. (Suplusa). Os populares están convencidos de que «esa resolución de Tomé implica unha modificación no réxime de prestación do servizo de mantemento das zonas verdes da Deputación, e, polo tanto, esa decisión non lle correspondía tomala ao presidente senón que é competencia plenaria». Hai que recordar que os vinte traballadores de Suplusa dedicados ás zonas verdes foron transferidos a Tragsa.
Os citados deputados populares expuxeron que o presidente da Deputación ten que explicar que hai detrás da decisión de adquirir a acción de Tragsa. «Polo que imos vendo, esta resolución, adoptada por decreto do presidente da Deputación, non favorece en absoluto os intereses dos lucenses, porque non só non aforran nada co encargo a Tragsa do mantemento das zonas verdes provinciais, senón que estamos convencidos de que supón un encarecemento notable con respecto aos custes que tiña co servizo a cargo de Suplusa».
José Antonio García lembrou que no encargo feito pola xunta de goberno da Deputación a Tragsa para o mantemento da zona verdes se fixa un importe total de 412.594,03 euros, por seis meses; se isto finalmente é así, o citado servizo operado por Tragsa pode acabar custando considerablemente máis que cando se atendía por medio de Suplusa. García sinala: «Polo tanto, de aforro nada».
Os populares reclaman con firmeza do bigoberno provincial, presidido por José Tomé, que facilite información oficial do custe mensual para as arcas provinciais do mantemento por Suplusa das zonas verdes dependentes da Deputación.
Por outro lado, os dous vicevoceiros do PP na Deputación sosteñen que no encargo feito a Tragsa para o mantemento das zonas verdes non figura a cesión gratuíta da maquinaria de Suplusa, sociedade agora en liquidación, que, como xa se informou, está sendo utilizada actualmente por Transformación Agraria.
Parques empresariais
Desde o PP expresan a súa preocupación polo futuro dos parques empresariais que dependían de Suplusa e reclaman do goberno provincial, e concretamente do presidente, José Tomé, que deixe de actuar coa falta de transparencia coa que opera con respecto á citada sociedade.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



