Ribadeo, a 5 de febreiro de 2020.- O Grupo Municipal Popular de Ribadeo defenderá na vindeira sesión plenaria tres propostas a través das que demandan mellores servizos para os ribadenses e que, polo tanto, procuran o beneficio dos veciños e veciñas de Ribadeo.
Unha das propostas que introducirán os populares para o seu debate pretende lograr o acordo da Corporación para demandar do Goberno central o arranxo do pavimento da A-8 e a creación de dous novos accesos dende esta vía a Ribadeo. Así mesmo, dende o Grupo Municipal do PP reclaman o arranxo da estrada municipal dos garitos e a mellora do alumeado na parroquia de Couxela segundo avanza o voceiro, Daniel Vega.
O popular sinala que “o pavimento da autovía A-8 ao seu paso polo municipio ribadense está desfeito” e, polo tanto, “o que queremos, a través da moción que presentamos, é que a corporación ribadense acorde solicitarlle ao Goberno do Estado investimentos que permitan mellorar e manter en boas condicións o seu pavimento”. Así mesmo, solicitan o segundo acceso dende a A-8 á vila de Ribadeo e un acceso dende a variante de Ribadeo á estrada LU-P5207 de titularidade provincial e coñecida como estrada de Vilela. Deste xeito, “evitaríase gran parte do tráfico rodado de alta tonelaxe que, actualmente, está facendo uso da estrada municipal coñecida como a estrada dos garitos”.
Arranxo da estrada dos garitos
A través doutra moción, o Grupo Municipal do PP propón o arranxo e acondicionamento desta estrada que da servizo a algunhas vivendas e industrias e que é empregada por moitos peóns para acceder á zona comercial; pero que “leva 16 anos abandonada polo goberno de Fernando Suárez a pesar das reclamacións dos veciños e veciñas á que agora lle damos voz dende o Grupo Municipal Popular”, segundo sinala o voceiro.
Vega recorda que “a estrada non conta con beirarrúas en ningunha das súas marxes e a iluminación é, practicamente, inexistente”. Polo tanto, “ante a gran cantidade de tráfico de alta tonelaxe que foi uso da estrada dos garitos, faise necesaria a súa pavimentación e o seu ensanchado para dotala de beirarrúas, mobiliario urbano e iluminación”.
Renovación do alumeado de Couxela
Para os populares, o alumeado da parroquia de Couxela tamén se atopa “totalmente abandonado”. É por iso polo que esixen ao goberno local a través doutra moción que inicie os trámites para a revisión e renovación dos puntos de luz e para que instale novos puntos de luz onde sexa necesario empregando materiais de baixo consumo e de alta eficiencia lumínica”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



