Santiago, 6 de febreiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez reiterou hoxe no Parlamento “a plena disposición do PPdeG e da Xunta de Galicia para manter o diálogo aberto cos empresarios, os empregados e, de ser o caso, co administrador concursal da empresa Muebles Hermida de cara a buscar a mellor solución posible que permita manter a actividade industrial e o emprego”.
Sandra Vázquez subliñou que “este apoio aos traballadores de Muebles Hermida é o mesmo que desde o Goberno galego se está a prestar aos milleiros de empregos industriais que neste momento están en perigo, en empresas como Alcoa, a central de As Pontes, o estaleiro de Navantia, Ence ou os afectados pola modificación da Lei de Costas”.
POLÍTICA INDUSTRIAL INEXISTENTE
“A inexistente política industrial, xunto coa inestabilidade do Goberno de Pedro Sánchez, están a xerar unha enorme desconfianza e incerteza que xa se está a notar, ocasionando unha desaceleración económica significativa”, sinalou.
A deputada popular lembrou que “a Xunta dispón dun paquete de apoio ás empresas e traballadores afectados polo actual momento de inestabilidade, que inclúe un novo programa de axudas para traballadores afectados polos EREs, dotado con catro millóns de euros, acordado dentro do diálogo social con patronal e sindicatos”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



