Ribadeo, 19 de febreiro de 2020. Os Concellos de Ribadeo e de Barreiros van solicitar á Xunta de Galicia un obradoiro de emprego conxunto para a conservación e dixitalización dos seus arquivos históricos municipais. No caso de Ribadeo xa leva varios anos realizando este tipo de obradoiros e catalogando os seus fondos, pero aínda queda traballo por facer. Esta celebrarase un pleno extraordinario urxente no Concello de Ribadeo para abordar o convenio administrativo de colaboración co de Barreiros para o desenvolvemento dese obradoiro. E esta mañá Fernando Suárez e Ana Ermida visitaron o arquivo de Ribadeo.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, lembrou que “xa levamos varios anos traballando nesta dixitalización, ordenación e restauración do arquivo histórico municipal de Ribadeo, que ten varios séculos de antigüidade e con moitísima información, co cal é unha marabilla non soamente para os veciños senón para todos os estudosos da historia e tamén para o día a día dunha administración pública como é o Concello de Ribadeo”.
O rexedor sinalou que “con este éxito que desde hai anos estamos facendo con estes obradoiros entre a Xunta e o Concello, desta volta queremos dar un paso máis adiante e solicitar un novo obradoiro colaborando con Concello veciño de Barreiros, que ten unhas características no seu arquivo que tamén está desordenado, como estaba o noso e que nestes últimos anos fomos facendo grandes avances e melloras, pero que aínda non temos rematado. De aí que queiramos conxuntamente plantexarlle este novo proxecto á Xunta de Galicia para, se o ten a ben, nos volva sufragar un obradoiro destas características sabendo que o resultado do traballo, ademais do traballo que xera para a xente que participa neste obradoiro e para a súa formación, tamén para o Concello de Ribadeo é moi positivo”.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, declarou que “no caso do Concello de Barreiros tratamos de aproveitar a experiencia e as sinerxias que poden xurdir co Concello de Ribadeo, porque este é un obradoiro no que eles xa levan anos traballando e que para Barreiros nos pode beneficiar, por un lado para poñer a disposición do público o arquivo histórico que poida existir, facelo público, dixitalizado e conservalo. Tamén para facilitar o traballo mesmo dos empregados municipais á hora de organizar o arquivo municipal e facilitar o acceso á información, ademais de contribuír á formación profesional das rapazas e rapaces entre 18 e 30 anos e así consolidar que poidan desenvolverse profesionalmente nos nosos concellos”.
Ana Ermida e Fernando Suárez pasaron esta mañá polo obradoiro Ribadeo alén do Camiño, que se desenvolve no Concello de Ribadeo e coñeceron o traballo que as súas 20 alumnas e alumnos están a realizar desde finais do pasado mes de novembro e ata o vindeiro mes de agosto. Tamén visitaron o arquivo histórico municipal, onde puideron ver planos dunha colexiata de 1787.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



