Lugo, 29 de marzo de 2020. A Deputación de Lugo vén de activar para Android e IOS a aplicación móbil Lugo Cambia 360, unha ferramenta que a través da realidade aumentada permite facer unha viaxe a 25 localizacións da provincia a través de calquera dispositivo. A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explica que “nestes momentos que nos toca estar na casa é unha opción moi axeitada para viaxar a calquera dos catro xeodestinos da provincia dende os nosos fogares”.
García Porto afirma que é unha app que “abre unha ventá virtual a través da que o usuario pode visitar os Escolapios de Monforte de Lemos, o miradoiro de San Roque en Viveiro ou a Catedral de Lugo dende o alto da Muralla, dende calquera lugar do mundo”. O usuario debe apuntar coa cámara do seu dispositivo ao chan do lugar no que se atope e inmediatamente trasladarase virtualmente ao lugar elixido da provincia de Lugo. Durante esta experiencia, mire cara o lugar que mire, estará nesa contorna elixida na app.
“Con esta ferramenta tecnolóxica calquera persoa nos pode visitar e facer unha primeira toma de contacto e, despois, unha vez remate o período de confinamento, planifique unha viaxe para descubrir eses lugares aos que se achegou previamente grazas á aplicación”, subliña García Porto.
O impulso do turismo é unha das grandes apostas da Deputación de Lugo “e máis agora porque é un dos sectores que máis afectado se vai ver pola crise do coronavirus”, explica a Deputada. Nos orzamentos do 2020 a institución provincial destina 2,4 millóns de euros a promoción do territorio co obxectivo de continuar dinamizando o sector. Esta iniciativa reforza o turismo de experiencias e favorece a posta en valor e promoción do inmenso patrimonio cultural e natural da provincia de Lugo.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



