Trátasde de téxtiles sanitarios, equipos de protección individual e materiais para respiradores.

Son arestora 339. Destes 10 están na UCI do HULA. 20 en hospitalización (4 no Hospital de Monforte, 16 no HULA) e o resto en domicilio
Dada a situación sanitaria, lamentablemente, os representantes do equipo de goberno non puideron estar fisicamente na celebración do seu aniversario xunto a toda a familia do Centro de Día Residencia. Pero neste día, desde o Concello, a través da delegación de Servizos Sociais que dirixe Pilar Armada, enviáronlle todo o cariño en forma de ramo de flores. Por outra banda, o centro reabre a vindeira semana con todo o persoal e usuarios inmunizados.
Ante este ataque virulento e criminalizador contra o 8M, varias voces dan lectura a un fermoso texto da autoría de Sandra Saavedra Blanco.
https://www.youtube.com/watch?v=SmU2Lvjckkc
O Concello de Cervo presenta o concurso virtual programado con motivo deste 8 de Marzo, Día da Muller: Que muller che inspira?. Explica cal é a muller que che inspira dunha forma creativa (foto, debuxo, vídeo, carta...). Envía as túas creacións dinamizacion@concellodecervo.com ou por whatssap ao 691 65 66 00 ata as 17:00 horas do 8 de marzo, Día da Muller. Dúas modalidades: Xuvenil, 16 anos ou menos, con 3 premios. Sénior de 17 anos en diante, con outros 3 premios. Recorda incluír o tes datos: nome e apelidos, idade, lugar de procedencia e modalidade na que participas. Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00 horas do 8 de marzo. #mesdamuller #díadamuller #8demarzo
Unha actividade importante para esta semana na Casa da Cultura: A representación da obra "La Pimentera", a cargo de Dinamia Teatro, de Ponferrada, onde se aborda unha temática moi interesante no marco do 8 M: O papel das mulleres nos pobos. A representación será o sábado 6 de marzo ás 6 da tarde. Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa COVID-19, concretamente o auditorio da Casa da Cultura está limitado a 60 persoas.
Un dos actos principais programados para este 8M, Día da Muller, é un recoñecemento ás Mulleres Solidarias do concello. A particular homenaxe neste 8 de marzo vai para Mari, Angelines, Victoria, Adeli, Margarita, Carmen, Mari Luz e Nati que coas súas propias mans teceron milleiros e milleiros de máscaras durante o confinamento. Este luns, 8 de marzo, ás 17:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, hai programado un recoñecemento a todas elas polas súas PUNTADAS DE SOLIDARIEDADE!
Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, participaron tamén o xefe territorial, Pablo Ramón Fernández Asensio; os alcaldes de Cervo e Xove, Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro respectivamente, e Alejandro Rey, director da Autoridade Portuaria.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital