A Coruña, a 24 de marzo de 2020. A Federación Galega de Atletismo, tras a xuntanza telemática mantida por parte da Xunta Directiva e Comisión Delegada da Asemblea Xeral, ante a evolución que están tendo os efectos dos contaxios polo Coronavirus COVID-19 e considerando as recomendacións das autoridades sanitarias e disposicións legais impostas polos gobernos de España e de Galicia, co obxecto de contribuír a evitar a propagación desta enfermidade e protexer a saúde dos atletas, público e demais persoas implicadas na organización dos eventos atléticos, tomou as seguintes decisións:
1. Suspender cautelarmente a celebración de todos os campionatos de Galicia 2020 e competicións organizadas directamente por parte da FGA, dende a data de hoxe ata novo aviso.
2. Celebrar semanalmente xuntanza da Comisión Delegada e Xunta Directiva para valorar as últimas informacións sobre esta pandemia. En función da evolución dos acontecementos, tomaranse decisións sobre unha posible reubicación no calendario galego das competicións aprazadas ou a súa cancelación, se fose preciso.
3. Recomendar a todos os estamentos do atletismo galego que cumpran de forma estrita as medidas establecidas no Real Decreto 643/2020 de 14 de marzo.
4. Agradecer a colaboración e comprensión de todos os estamentos do tecido atlético federativo galego ante as medidas que se están adoptando.
5. Agradecer aos diferentes colectivos sociais que están loitando día a día para combater esta grave enfermidade.
En base ás informacións e directrices que se poidan recibir por parte das autoridades sanitarias e deportivas de rango superior, esta FGA procederá a facer novos comunicados nas vindeiras datas a todos os estamentos do atletismo galego e público en xeral.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
