Compostela, 15 de marzo de 2020. “O coronavirus non pode ser o escenario no que os máis vulnerables, os máis fráxiles queden atrás. Gobernamos para garantir que todos vaiamos xuntas e adiante. Ese é o noso compromiso e para iso estamos no goberno”.
Galicia en Común-Anova Mareas esixirá mañá ao presidente en funcións da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, unha nova batería de medidas urxentes de reforzo dos servizos básicos na loita contra o coronavirus como o incremento dos equipos de probas de detección para asegurar o seu alcance no conxunto do territorio galego e o reforzo da atención telefónica preventiva.
Así o proporá o noso candidato, Antón Gómez-Reino, na xuntanza prevista este luns 16 entre o presidente en funcións e o resto de líderes das formacións políticas galegas nun contexto moi complexo ante as vindeiras semanas que nos agardan, e que será decisivas neste combate común contra a pandemia.
Gómez-Reino esixirá da Presidencia en funcións da Xunta unha proposta inmediata de programas e medidas para complementar as xa adoptadas polo Goberno do Estado, a fin de facer fronte ao impacto que o coronavirus vai ter na economía galega, nas traballadoras e traballadores do país, afectados por unha situación tan inédita como extraordinaria a que temos que sobrepoñernos xuntas e reforzarmonos como sociedade.
A pandemia do coronavirus e o seu impacto económico e social márcanos un reto inaprazable: protexer o emprego dos despedimentos masivos, defender ás persoas autónomas que xeran emprego e que precisan de medidas de protección para non verse na disxuntiva de despedir aos seus ou ver arruinados os seus negocios.
Neste contexto, Galicia en Común–Anova Mareas tamén esixírá ao Goberno do Estado que tome medidas no Consello de Ministros do vindeiro martes que garantan os postos de traballo que se verán afectados polo impacto do coronavirus, a viabilidade das PEMES e a afectación aos autónomos.
“É o momento protexer, desde o público, a todas as capas sociais. A sanidade pública, a educación, os servizos públicos, en xeral, son paradigma das nosas vidas e tamén o mellor exemplo. Fagamos valer o público, o común, fronte aos que se esforzaron longo tempo en destruilo e denigralo”, manifestou Gómez-Reino.
Galicia en Comun Anova Mareas será sempre o garante de que esta crise, con nome de pandemia, non vai ser pagada esta vez polas maiorías sociais. Reiteramos a nosa posición, a vista do complexísimo escenario actual, de procurar o consenso para adiar as eleccións do 5 de abril e facelo de común acordo co resto das formacións políticas que concorren ás mesmas e cuxas candidaturas xa foron ratificadas.
Nese sentido, Gómez-Reino proporá mañá que, de acordarse o adiamento electoral, sexa esa mesma mesa de partidos a que mediante un novo acordo poida, no futuo, activar novamente no proceso electoral no escenario axeitado.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



