Viveiro, 2 de marzo de 2020. O Concello de Viveiro desenvolverá nas próximas semanas un programa de actividades para impulsar a igualdade real con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
A primeira delas será este sábado, 7 de marzo, coa obra de teatro ‘O Empapelado Amarelo’ e a tradicional cea-baile para mulleres, organizada polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a Delegación Municipal de Muller do Concello de Viveiro. Un día máis tarde, o domingo 8 de marzo, procederase á lectura pública dun manifesto Institucional ás 12:00 horas na praza Maior.
Estas dúas citas do fin de semana serán o punto de partida doutras actividades como exposicións, obradoiros de igualdade para nenos e nenas, charlas e concursos, iniciativas todas elas encaminadas a concienciar sobre este tema.
Na rolda de prensa de presentación das actividades, a concelleira de Muller do Concello de Viveiro, Lara Fernández, apuntou que “as efemérides son moi importantes para lembrar que é necesario seguir avanzando pola igualdade, pero este traballo temos que desenvolvelo os 365 días do ano, como así facemos desde o concello e o CIM”.
“Falamos de plantar semillas de igualdade porque entendemos a importancia de educar en valores e igualdade, por iso organizamos durante todo o ano diferentes eventos formativos nos centros educativos, para que os nenos e nenas crezcan nunha igualdade real”, explicou.
Marcha de Verín
O Colectivo GALEGAS 8M, que engloba a varias organizacións, convocou este ano 2020 a mobilización central de Galicia en Verín, onde onte percorreron as rúas da vila.
As reivindicacións centraronse, sobre todo, no eixo dos coidados e do mundo rural, onde o traballo das mulleres está, se cabe, máis invisibilizado que noutros eidos da nosa sociedade.
O Concello de Viveiro apoiou a iniciativa, fletando un autobús para facilitar a participación das mulleres da zona neste acto reivindicativo dos dereitos das mulleres, xa que considera que a implicación das administracións públicas é básica na loita contra o machismo e as desigualdades.
Por todo isto, o Concello de Viveiro quere mostrar o seu agradecemento a todas as persoas, en particular mulleres, que participaron en Verín neste acto reivindicativo dos dereitos das mulleres previo ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



