Xove, 21 de marzo, 2020. Esta iniciativa xurde despois de darlle voltas á maneira na que se podía axudar e, sobre todo, animar a toda esa xente que está velando por nós, nos hopitais galegos, dende o persoal sanitario, limpeza, cociña, mantemento, reparto,… ata os propios enfermos que neste momento se encontran illados, así como á xente que está a cuidar dos nosos maiores nos Centros Residenciais de Terceira Idade, e aos propios maiores, que están a pasar momentos moi duros sen poder recibir as visitas dos seus seres queridos.
Para todo este movemento pedimos a colaboración do CEIP Pedro Caselles Rollán, da Escola infantil Municipal, e da Oficina Municipal de Información Xuvenil, e deste xeito poder chegar a todos/as os/as nenos/as e ós rapaces e rapazas do Concello de Xove.
Queremos que os/as nenos/as sintan que en todo esto, todos somos importantes, todos sumamos. Así que imos inundar os Hospitais e os Centro de Terceira Idade Galegos de debuxos, cartas, mensaxes…, para poder dar algo de alento a todas esas persoas que o están a pasar mal e poder sacarlles un sorriso.
O correo-e onde se deberá enviar todo este material é o seguine:
servicios.sociales@xove.es
Esperamos que esta iniciativa teña unha boa acollida e contar coa máxima colaboración.
Despedímonos cun….IMOS BUSCAR SORRISOS, TODO SAIRÁ BEN!!























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



