A Coruña, 21 de marzo, 2020. NON IMPORTA A SAÚDE, nestes momentos para O Corte Inglés prevalece a súa ansia carroñeira e o seu afán de usar esta epidemia para facer caixa e incrementar os seus beneficios.
Cando todas as indicacións sanitarias parecen dirixirse cara ao contrario, diminuír a presenza do persoal nos centros de traballo para tentar deter esta pandemia, O Corte inglés, nunha actitude mercantilista e que só pensa en beneficios económicos, decidiu expor durante máis tempo ao virus, tanto aos seus traballadores e traballadoras como aos seus clientes.
CCOO entende isto como un acto de IRRESPONSABILIDADE, pero hai que deixar claro que conta co visto e prace e aval da Xunta de Galicia, que co seu decreto de liberdade horaria presentado polo Presidente Feijoo xusto antes da situación de alerta, permite esta calamidade.
Como acto irresponsable o entenderon a maioría de empresas do sector de hipermercados e supermercados, xa que todas reduciron o seu horario, con excepción do grupo GADISA, empresa á que xa interpelamos tamén mediante escrito á súa dirección pola súa irresponsabilidade ao manter o horario de apertura.
Desde CCOO queremos facer público que tomaremos todas as medidas necesarias para tentar evitar esta actitude de competencia desleal, outras empresas pensaron primeiro tanto nos seu persoal como no risco para a saúde da sociedade. Na decisión de aumentar o tempo de apertura, O Corte Inglés queda só.
Tanto o seu persoal, como o do resto do sector da alimentación, merécese un respecto polo traballo, o sacrificio e o perigo ao que está exposto polo labor de abastecer a esta sociedade nestes momentos tan duros. A Dirección do Corte Inglés, NON ESTÁ Á ALTURA da xente que traballa para ela.
Desde CCOO queremos solicitar da sociedade que sexa responsable, que faga prevalecer o interese por preservar a saúde das persoas e que reduza os tempos de compra, evitando especialmente acudir a comprar en domingo.
Tamén comunicamos que nos poremos en contacto co presidente da Xunta o máis axiña posible, para solicitar que rectifique de forma urxente o decreto de apertura.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



