Foz, a 6 de marzo de 2020. Dende o Partido Popular lamentamos a actitude do alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, tratando de confundir aos veciños nun tema tan importante como é o de Alcoa. O PP abstívose o xoves, na sesión plenaria da corporación municipal de Foz, nunha moción de urxencia presentada polo PSOE sobre Alcoa. Era unha moción que entendemos que non protexía correctamente a posición que defenden conxuntamente os traballadores e os gobernos autonómicos de Galicia Asturias e Cantabria; máis ben defende unha futura decisión do Goberno socialista de non recoller no Estatuto para Consumidores electrointensivos a totalidade das alegacións presentadas.
Nós, diante desta situación, presentamos unha emenda para que quedase claro que había que aprobar a totalidade das alegacións consensuadas entre os gobernos autonómicos e os traballadores. Esta emenda non foi aceptada e tivemos que absternos, porque consideramos que o acordo que propuxeron os socialistas era máis ben xustificativo da acción do Goberno do Estado que defensora dos intereses de Alcoa.
Con isto, Cajoto trata de desculpar e de enmascarar o erro dos socialistas no Senado, que votaron en contra dunha moción do PP a favor de aprobar todas esas alegacións e trae a Foz a proposta de Pedro Sánchez para que nosoutros a votemos; iso si que nos indigna. A posición do PP de Foz é a mesma do PP de Lugo, que conseguiu que na Deputación se aprobase a súa moción, a pasada semana, para que o Goberno socialista atenda todas as alegacións ao estatuto para consumidores electrointensivos; o PSOE aprobou na Deputación esa moción popular, que tiña o mesmo obxectivo da que días despois rexeitou no Senado.
Pedimos neste caso un pouco de coherencia aos socialistas de Foz e que deixen de terxiversar e lear o asunto de Alcoa e aproben un estatuto que recolla as pretensións de todos os galegos e especialmente dos mariñáns.
Gabinete de Comunicación





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



