Ribadeo, 6 de marzo de 2020. O Concello de Ribadeo, desde a Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, vai poñer en marcha un curso destinado a preparar os exames de Competencias Clave que se celebrarán o próximo 16 de maio en Silleda. As materias a impartir serán as de Competencia matemática Nivel 2, Comunicación en Lingua Castelá Nivel 2 e Comunicación en Lingua Galega Nivel 2. A matrícula nestas probas pode realizarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia ata o día 20 de marzo.
O edil Pablo Vizoso explicou que “esta acción formativa, que impartirá o Concello, vai dirixida prioritariamente ás persoas que estean matriculadas nas materias anteriores nos exames do día do 16 de maio, aínda que dende o Concello indican que se non se cobren as prazas dispoñibles poderían matricularse todas aquelas persoas que desexen xa iniciar a preparación para os próximos exames, que a Xunta convocará previsiblemente no ano 2021”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local dixo que “as Competencias Clave de Nivel 2 son necesarias para aquelas persoas que non conten cos requisitos formativos para poder acceder a cursos de formación con Certificados de Profesionalidade de Nivel 2. A inscrición para o curso preparatorio está aberta do 9 ao 31 de marzo, ambos incluídos. Para inscribirse é necesario acudir ás oficinas do Concello e cubrir o impreso de solicitude que se facilitará nas dependencias municipais”.
Vizoso Galdo engadiu que “a adxudicación das prazas realizarase por orde de inscrición, e terán prioridade as persoas matriculadas nos exames convocados para o 16 de maio e empadroadas no Concello de Ribadeo. As clases impartiranse nas aulas do Concello de Ribadeo, do13 de abril ao 15 de maio, en horario de mañá. As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao Servizo de Orientación Laboral do Concello, chamando ao 982 128 650 ou a través do correo electrónico orientacionderibadeo@gmail.com”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



