Lugo, 27 de marzo de 2020. O PP conseguiu que o presidente da Deputación, o socialista José Tomé, rectifique e decida que a próxima sesión plenaria da Deputación, para tratar, entre outros asuntos, sobre o Plan Único, se celebre por vía telemática e non presencialmente como estaba prevista. Aproximadamente unha hora despois de finalizadas as comisión informativas celebradas esta mañá, Tomé contactou telefonicamente co portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, e comunicoulle a súa decisión de aceptar a proposta popular para que a sesión plenaria do próximo día 2 sexa mediante videoconferencia. Castiñeira formalizou hoxe a petición de que o pleno se celebre por vía telemática, algo que xa fixera en dúas ocasións anteriores, en sendas conversacións telefónicas co voceira do PSOE na Deputación e co propio presidente. Castiñeira declarou: “Queda demostrado que o goberno provincial opera a base de ocorrencias, con improvisación e que o único que pretende co Plan Único é facer propaganda política mentres se desenvolve a peor crise sanitaria na historia deste país”
Castiñeira expresou a súa satisfacción polo cambio de criterio do presidente da Deputación, pero lamenta que esta medida chegue tarde en canto se refire ás comisións celebradas esta mañá, que non deberon, dixo, de ser presenciais. A estas reunións , en representación do PP, só acudiu o portavoz popular, para respectar as disposicións sobre confinamento para evitar os contaxios nesta grave crise que vive o país polo coronavirus. Declarou: «Foi un erro considerable do presidente da Deputación que estas reunións fosen presenciais, porque houbo una vulneración dos dereitos dos deputados provinciais, que, obrigados a respectar o confinamento a causa da crise sanitaria, non podían estar presentes. Polo tanto, o presidente terá que explicar e pedir desculpas por este agravio, por esta forma de silenciar ao Grupo Popular».
Nas filas populares consideran que o socialista José Tomé “como presidente, non está a altura das esixencias da crise”. Indican que o presidente da Deputación nada fixo desde a institución para axudar a paliar as consecuencias da pandemia e cren que usa a crise para facer política e criticar obsesivamente as medidas adoptadas pola Xunta.
O portavoz popular, ao fío das reunións desta mañá na Deputación, indicou que había deputados populares que estudaban «acudir a outras instancias» á vista de que tanto as comisións como o pleno foran convocadas para celebrarse presencialmente. Tamén recordou que un xulgado do Contencioso anulou a sesión plenaria presencial prevista para hoxe no Concello de León; nesta decisión pesou o feito de que o concello dispón de medios para que a sesión se poida celebrar por vía telemática. Castiñeira recordou que tamén o Concello de Narón celebrou un pleno por vía telemática, e non cre que teña máis medios tecnolóxicos que a Deputación de Lugo.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



