Ribadeo, 5 de marzo de 2020. O Teatro acollerá o domingo, 8 de marzo, o concerto do trío Metamorphoses, que se enmarca no proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explica que “o concerto do trío Metamorphoses, formado por Jean Johnson ao clarinete, Roeland Jagers á viola e Ilona Timchenko ao piano, actúa este domingo no Teatro de Ribadeo ás 20.00 horas e faino dentro do proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago. Trátase dun ciclo promovido pola Asociación Peregrinos Musicais, en colaboración con Concellos como Nigrán, Sanxenxo ou Ribadeo e que conta tamén co patrocinio do Xacobeo 2021”.
A edil ribadense sinala que “o programa contén obras de Robert e Clara Shumann e de Max Bruch. A pesar de que o fundamento para este trío é a figura de Mozart, a formación é tamén unha grande defensora da música contemporánea. E neste caso centrarán o seu repertorio no romanticismo alemán, é dicir no século XIX”.
Otero Cabarcos subliña que “o trío arranca en 2016 e editou o seu primeiro CD en 2018, polo cal recibiron recoñecemento internacional”.
A concelleira de Cultura anima “a todas as persoas amantes da música clásica a asistir ao concerto deste trío formado por músicos que actuaron como solistas por todo o mundo e recibiron premios en diferentes festivais”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



