Mondoñedo, 10 de marzo, 2020. A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” pon en marcha esta semana xunto ao Excelentísimo Concello de Mondoñedo, o programa “Non Consumas a túa Mente; Coida a túa Saúde”. Este programa ten como obxectivos ofrecer información actualizada e obxectiva
orientada cara a relevancia da saúde mental, así como minimizar o estigma e prexuizos ainda existentes en relación ás enfermidades mentais. Así mesmo o programa pretende abordar posibles factores de risco asociados ás patoloxías psiquiátricas, todo elo desde unha perspectiva transversal de xénero.
Para elo poñeremos en marcha ata 16 accións que se desenvolverán entre este mes de marzo e o mes de xuño; as actividades irán dirixidas fundamentalmente á poboación estudiantil, pero tamén á poboación xeral por ser a temática de contido de interese público. Está previsto que as
actividades se leven a cabo no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora e o IES Plurilingüe San Rosendo, así como nas dúas ANPAS de Mondoñedo (tanto a ANPA Amolou como a ANPA do CEIP). Tamén está prevista a realización dunha actividade para a poboación xeral, que pechará previsiblemente o programa.
Este venres 13 de marzo botará a andar esta iniciativa a través da representación da obra de teatro “Teatro contra o Bullying; eres único” por parte do Grupo de Teatro da Asociación “A Mariña”; a obra escenificarase ante alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, representación que irá acompañada dunha breve introducción que realizará a psicóloga clínica da entidade, Dna. Sonia Nogueiras Orosa.
Trátase dun programa novedoso que se levará a cabo por primeira vez, coordinado pola Directora Técnica da entidade, Dna. María José Nóvoa.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



