A Mariña, 15 de abril, 2020. 30 asociacións galegas firman un manifesto para que se permita o uso das hortas de autoabastecemento, ante a medida da xunta de prohibir o acceso a non ser que estivera nun radio de 500m do domicilio habitual. Esta medida deixa fora a meirande parte dos hortos, os que consideramos unha fonte basica de alimentos, e mais dadas circunstancias nas que nos atopamos.Estas semanas son cruciais para preparar a terra, sementar e poder colleitar nos meses vindeiros, diminuíndo o impacto económico que esta situación vai supor aos veciños durante moito tempo.
Polo que solicitan que a Xunta rectifique, e estenda os requirimentos
das medidas hixiénico-sanitarias, necesarios noutras actividades, aos
hortos de autoabastecimiento e non se deixe á arbitrariedade de cada
axente. Por exemplo, a diferenciación horaria en hortos urbanos con
parcelas pequenas e contiguas, onde poidan poñerse de acordo entre os
veciños para non acudir os mesmos días. E piden tamén que se teña en
conta a realidade da gran maioría de veciños que non posúen un carné de
manipulador de fitosanitarios e a daqueles que manteñen as súas hortas
en espazos cedidos, polos que non posúen certificado de titularidade.
É moito máis seguro ir ao horto, cumprindo as medidas sanitarias
preventivas, que acudir aos supermercados, onde hai unha incalculable
manipulación de todos os produtos por parte da longa cadea de produción,
abastecemento e distribución.
Os hortos de autoabastecimiento non son lugar de lecer e recreo,
deberian ser considerados unnha actividade esencial como o resto da
produción agraria.




















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



