Lugo, 21 de abril de 2020. A Deputación de Lugo inxecta 6,1M€ -6.116.926€- nos concellos da Mariña para que podan impulsar medidas fronte á crise do coronavirus Covid-19 mediante o Plan Único 2020 e o adianto dos pagos mensuais ata xuño. O Presidente, José Tomé Roca, subliña que estes fondos son “un auténtico balón de osíxeno para os concellos, que lles permitirá responder mellor ante o novo escenario de necesidades e prioridades que provocou a crise sanitaria e económica causada pola pandemia”.
Por unha banda, o Goberno da Deputación decidiu adaptar o Plan Único 2020 abrindo unha nova liña de gasto para que os concellos poidan utilizar a metade dos fondos que perciben a medidas sociais ante o coronavirus. Así, os municipios da Mariña recibirán 5M€ do Plan Único, dos que poderán destinar máis de 2,5M€ a paliar os efectos do coronavirus.
Por outra banda, o Presidente decidiu adiantar aos concellos que teñen delegada na institución a xestión de impostos o importe correspondente aos pagos mensuais correspondentes a abril, maio e xuño, o que supón unha inxección directa de preto doutros 3,6M€ nos concellos mariñaos, que ven así mellorada a súa liquidez para asumir gastos imprevistos, o pago a empresas e provedores ou as medidas que consideren oportunas.
Tomé Roca manifesta que estes fondos “contribuirán, non só a cubrir servizos sociais e velar pola calidade de vida e o benestar da cidadanía, senón tamén e de maneira moi importante á reactivación da economía e do emprego unha vez rematado o estado de alarma. Esta inxección económica repercutirá, no caso de investimentos ao abeiro do Plan Único, na contratación sobre todo de pequenas e medianas empresas, moitas de ámbito local, o que axudará a recuperar o pulso das economías locais”.
Prazos flexibles
O Presidente da Deputación explica que, ademais da adaptación das bases para que os municipios que así o necesiten queden exentos da obriga de destinar o 50% da achega da Deputación a investimentos para poder dedicar ese importe a cubrir e resolver as necesidades que xurdan a raíz do impacto do coronavirus, outra das novidades do Plan Único 2020 é a flexibilización dos prazos para que os concellos teñan a marxe suficiente para acometer e prestar os servizos que sufragarán con cargo a estes fondos. Así, amplíase un mes tanto o prazo de contratación, pasando do 30 de setembro ao 30 de outubro, como o prazo para adxudicar os investimentos, quedando ata o 30 de novembro. Os concellos seguirán podendo utilizar as baixas ou aforros noutros investimentos, aínda que de xeito limitado, para non lastrar nin distorsionar os orzamentos das futuras anualidades. Así mesmo, introdúcese unha nova cláusula para velar polos dereitos dos traballadores garantindo o cumprimento dos convenios colectivos sectoriais.

























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



