Lugo, 28 de abril de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informa de que este martes se desenvolveu, a través do persoal do Parque Móbil, un novo reparto de material de protección fonte ao Covid-19 nos catro centros de atención a maiores de titularidade provincial. Entregáronse 11.500 unidades, que se repartiron de maneira proporcional seguindo os informes técnicos do servizo de Benestar Social nas residencias de Trabada, Pol, A Fonsagrada e Ribadeo.
Este reparto inclúe 5.440 mascarillas, 3.600 calzas, 2.400 gorros e 8 xeles hidroalcólicos, adquiridos con fondos propios da Deputación e destinados aos usuarios e usuarias das residencias e para o conxunto do cadro de persoal que traballa nelas. Por centros, cada un deles recibiu 1.000 mascarillas cirúrxicas, 300 mascarillas FFP2, 60 mascarillas FFP3, 900 calzas, 600 gorros e 2 xeles hidroalcólicos de 1 litro.
“Con esta nova remesa de material queremos que tanto os profesionais que coidan dos nosos maiores, como os propios maiores estean protexidos e poidan afrontar esta situación correndo o mínimo risco posible”, explica o Presidente.
Este é o cuarto envío de material de protección que a Deputación de Lugo realiza aos centros de atención a maiores da súa titularidade durante o estado de alarma. Materiais que complementaron aos que xa se entregaran con anterioridade, antes do estado de alarma, tal e como establecían os protocolos que ditaminou a institución provincial nos que, entre outras pautas, se prohibían as visitas dos familiares.
Ademais, José Tomé, avanza que tamén se vén de renovar o encargo a Tragsa, medio propio da Deputación, para que continúe cos traballos de desinfección preventivos nos centros de maiores. Cada un dos centros sométese a unha limpeza exhaustiva unha vez á semana e as actuacións realízanse “tanto no interior como no exterior dos edificios coa finalidade de cubrir todas as zonas coas que a diario tanto os usuarios e usuarias como o persoal dos centros teñen contacto”, subliña o Presidente.
Pedido de material
A institución provincial realizou un pedido de 220.000 unidades de material hixiénico-sanitario de protección fronte ao coronavirus Covid-19 para o subministro dun total de 112.300 mascarillas, 100.000 luvas, 4.000 calzas, 3.000 gorros e 100 xeles hidroalcólicos de 1 litro, por un importe de case 140.000€ con fondos propios.
O venres pasado realizouse a primeira fase do reparto de mascarillas cirúrxicas para a protección dos veciños e veciñas da provincia fronte ao coronavirus, na que se entregaron preto de 72.000 unidades nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Con esta actuación, a institución provincial cubriu co material que adquiriu con fondos propios máis do 30% da poboación total destes municipios, tal e como subliñou o Presidente, quen avanzou ademais que nunha segunda fase de distribución de mascarillas a Deputación pretende chegar ata o 50% da poboación destes concellos.
Tomé Roca explica que se adquiriu este material para a protección fronte ao virus do persoal propio da Deputación, das persoas usuarias dos servizos públicos que presta a institución, como son por exemplo os centros de atención a maiores de Pol, Trabada, Ribadeo e A Fonsagrada, e para a súa distribución no conxunto da provincia.
A cantidade de material adquirida pola Deputación está amparada nun informe técnico elaborado polos servizos provinciais de Prevención de Riscos e Benestar Social no que determinaron as necesidades a cubrir.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



