Santiago de Compostela, 28 de Abril 2020.- Os grupos parlamentarios PSdeG-PSOE, Galicia en Común- Anova Mareas, Bloque Nacionalista Galego e En Marea acordaron presentar no Parlamento un escrito formal de queixa por considerar que se está vulnerando o regulamento da Cámara e coartando os dereitos dos grupos parlamentarios, que teñen como obriga o control do
Executivo e a presentación de medidas de impulso, un labor máis necesario ca nunca no contexto da crise sanitaria, económica e social derivada do coronavirus.
Nun escrito dirixido á Presidencia da Cámara, os grupos poñen como exemplo a petición de comparecencia do presidente da Xunta rexistrada o pasado 6 de abril pero que, a día de hoxe, aínda non se debateu pola Mesa da Deputación Permanente como establece o regulamento. Por contra, xa se ten pronunciado e dado luz verde ás comparecencias solicitadas polo Goberno con data moi posterior. Neste sentido, denuncian, o PP está utilizando a súa maioría como rodillo para maniatar aos grupos e para ter á Cámara a medio gas cando debería estar traballando a pleno rendemento para axudar a saír da crise.
O escrito rexistrado recolle, textual que, “desde a declaración do estado de alarma e de alerta sanitaria por parte dos grupos da oposición do Parlamento galego rexistráronse catro solicitudes de comparecencias con datas de 31 de marzo, 3 de abril, 6 de abril e 13 de abril, ao abeiro do
disposto no artigo 56.4 do Regulamento que dispón que a Deputación Permanente será convocada polo presidente, por iniciativa propia ou por petición de dous grupos parlamentarios ou dunha quinta parte dos membros daquela”.
“A pesar de cumprir con requisitos establecidos no regulamento para a súa convocatoria, por parte da Presidencia non se tramitou nin se emitiu resolución algunha en orde a convocar a Deputación Permanente. No entanto ás solicitudes de comparecencia formuldadas polo Goberno foron atendidas de inmediato”, recolle o escrito.
Así mesmo, engade a queixa formal, “por parte dos grupos da oposición foron rexistradas numerosas iniciativas sen que se chegasen a tramitar, contravindo o proprio informe dos servizos xurídicos da Cámara e vulnerando o artigo 23 da Constitución”. Todo o cal leva aos grupos a solicitar “que se cumpra o regulamento do Parlamento e, co informe emitido polos servizos
xurídicos da Cámara, se tramiten as iniciativas e solicitudes de comparecencia rexistradas polos grupos da oposición”.
Esta denuncia súmase á proposta conxunta rexistrada para reactivar o funcionamento do Parlamento, empezando pola comparecencia do xefe do Executivo que, mentres fuxe da Cámara da soberanía popular, se prodiga en comparecencias en directo desde a televisión pública. Así, desde que o pasado 14 de marzo se declarase o estado de alarma, Feijóo só compareceu unha vez no Pazo do Hórreo, fronte as 21 roldas de prensa en directo e en horario de máxima audiencia en televisión.
O obxectivo desa proposta conxunta por parte dos grupos parlamentarios, con excepción do PP, é reactivar o funcionamento do Parlamento. Para iso, entre as propostas formuladas, a petición de comparecencia semanal de Feijóo mentres dure o estado de alarma e de emerxencia sanitaria e a posibilidade de presentar todo tipo de iniciativas de impulso con excepción de proxectos de lei






















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



