Santiago de Compostela, 23 de abril de 2020.- Co gallo do Día do Libro, a Xunta de Galicia distribúe en 14 hospitais públicos un total de 4000 libros procedentes das adquisicións da Consellería de Cultura e Turismo a editoras para o seu agasallo xeral e uso nas aulas hospitalarias. A través desta iniciativa o Goberno autonómico pretende visibilizar o importante papel que a industria do libro galego desempeña dentro da sociedade, recoñecer o papel dos autores e fornecer dunha opción de lecer cultural, relaxación e entretemento tanto aos alumnos das devanditas aulas e as unidades de pediatría, como a aqueles pacientes que pola súa enfermidade estean en disposición e desexen ler, os seus acompañantes e persoal do SERGAS.
Escolma do libro galego
A remesa está configurada de xeito maioritario por obras de literatura infantil e xuvenil en galego, e inclúe unha compilación de títulos para aproximarse ao patrimonio cultural e, especificamente, ao Camiño de Santiago, con volumes como A peregrina gastrónoma, escrita por María Canosa; pero, no seu conxunto procura cubrir a diversidade de gustos e temáticas lectoras, incluíndose títulos clásicos, obras arredor do persoeiro ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galega, Ricardo Carvalho Calero, ou monografías de sabios do país como Astronomía. A ollo ceibe de Ramón María Aller.
Os centros nos que se realizará son o Hospital Público do Barbanza, o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o Hospital Público Virxe da Xunqueira, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, o Hospital Público de Valdeorras, o Hospital Público de Verín, Hospital Público de Monforte, o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, o Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, o Hospital Público da Mariña, o Hospital Público do Salnés e o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
Iniciativa dentro de #aculturasegue
Esta iniciativa súmase ás distintas propostas que desde as bibliotecas, museos e arquivos xestionados pola Xunta de Galicia foron concibidas para celebrar o Día do Libro cun amplo abano de actividades online e abertas a toda a cidadanía, como concursos en redes sociais, exposicións virtuais ou publicación de catálogos e outros materiais en formato dixital.
Con todas elas preténdese un obxectivo común: visibilizar e valorar o traballo do sector do libro e do ecosistema cultural galego, fomentar a lectura, sobre todo en idades temperás, e seguir outorgándolle ao libro todo o protagonismo que merece, con especial énfase neste contexto de confinamento.
Todas estas propostas inclúense na iniciativa #aculturasegue da Xunta. Un cancelo que busca recoñecer o papel sobresaínte que os nosos creadores e axentes culturais tiveron e teñen na construción social de Galicia, ao tempo que ofrece opcións de ocio dixital de calidade e plural no ámbito do fogar, que propicien a creación e consolidación de bos hábitos e prácticas culturais. Ademais de seguirse nas redes sociais, pode consultarse en cultura.gal/aculturasegue.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



