Santiago de Compostela, a 22 de abril de 2020. Hoxe, mércores 22 de abril, é o Día Internacional da Terra, unha celebración que adquire especial significado neste ano 2020, como así tamén o expresa tamén a Organización das Nacións Unidas (ONU): “A Terra estanos a enviar unha mensaxe de queixa, a Terra sofre, e pide que actuemos”. O organismo internacional advirte que a actual pandemia sanitaria do Covid-19 está moi relacionada coa saúde do noso medio ambiente e, por tanto, se non actuamos fronte a crise climática, a deforestación masiva, a emisións de gases contaminantes, a produción agrogandeira intensiva ou o monocultivo e o uso de agrotóxicos, a humanidade estará cada vez máis exposta ao contacto e á transmisión de enfermidades infecciosas de animais a humanos.
Covid-19: alicerce do cambio da nosa relación coa Terra
A nosa saúde depende directamente da saúde da Terra, pois son os ecosistemas sans os que nos proporcionan unha maior protección fronte á propagación de patóxenos e de doenzas infecciosas causantes das pandemias. Malia que a biodiversidade ecolóxica dificulta a propagación deste tipo de enfermidades e que a actitude máis lóxica de supervivencia da especie humana sería a de preservar e favorecer tal diversidade de especies e hábitats, o ser humano está a deteriorar a un ritmo vertixinoso e sen precedentes a biodiversidade. O último informe do panel internacional para a diversidade biolóxica da Unesco (IPBES) indica que a taxa actual de extinción de especies é de centos de veces maior que a media dos últimos 10 millóns de anos, e que nas vindeiras décadas extinguirase 1 de cada 8 especies que viven arestora no planeta. A perda de biodiversidade global, sumada ao quecemento climático, preséntanos un escenario moi difícil para a supervivencia da especie humana. Desde ADEGA pensamos que esta crise sanitaria debe ser o alicerce do cambio fronte ao modelo de vida ao que nos empuxa o actual sistema capitalista. O Covid-19 debe de constituír para as administracións públicas e privadas e para as persoas un punto de inflexión cara ao desenvolvemento dunha nova relación coa Terra, baseada desta volta, no respecto, no amor e na complicidade, co obxectivo, non só de preservar a contorna, senón de garantir a nosa supervivencia como especie no Planeta. Para ADEGA está nova relación coa Terra leva implícito o abandono dun sistema económico que empuxa ao consumo desmedido de bens e servizos e á procura do beneficio á costa da inxustiza social e ambiental. Este novo modelo de convivencia que as persoas estamos obrigadas a desenvolver pasa por impulsar a soberanía alimentaria e os circuítos curtos do comercio fronte á dependencia alimentaria das grandes corporacións multinacionais; pola democratización dos
servizos públicos fronte a súa privatización; polo fomento do transporte público e a bicicleta fronte ao vehículo privado e a motor; pola preservación da biodiversidade e dos bosques fronte a súa deforestación e o control inxustificado de especies; pola redución de residuos e a súa reciclaxe fronte a incineración e o vertedoiro; polo autoconsumo, o aforro e a eficiencia enerxética fronte o despilfarro da enerxía; ou por un maior investimento en saúde, ciencia e educación ambiental. Do contrario, verémonos expostos e expostas cada vez con maior frecuencia a situacións excepcionais como a que estamos vivindo. Unha explosión de Amor pola Terra As actuais circunstancias fan evidente máis que nunca que a Terra e o medio ambiente están no centro da vida, e que se non contamos con Ela o noso futuro será moi incerto. Por iso, desde ADEGA, animamos os galegos e galegas a celebrar esta efeméride expresando a través dos seus foros e redes sociais o amor e a gratitude que senten pola Terra. Para facelo, ADEGA fará uso da forma de expresión por excelencia do Amor: a Poesía! Ao longo do día de hoxe, desde ás 10 ás 20 horas, ADEGA publicará nas súas redes sociais un total de 50 Eco-poemas enviados polos seus socios e socias e simpatizantes para simbolizar o seu Amor pola Terra. Os vídeos recompilatorios dos poemas poderanse ver nas contas de facebook (https://www.facebook.com/adega2.gal/), twitter (https://twitter.com/ADEGAgz) e instagram (https://www.instagram.com/adega_ecoloxismo/) de ADEGA, e tamén na súa canle de Youtube (https://www.youtube.com/user/adegainfo). Para máis información: Belén Rodríguez, tfno 637994500



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



