Santiago de Compostela, 28 de abril de 2020. A Xunta acaba de pór en marcha unha campaña de comunicación e sensibilización para animar á cidadanía a consumir produtos agroalimentarios galegos durante a situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. A iniciativa, que foi presentada hoxe polo conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, enmárcase na rede Mercaproximidade, unha canle alternativa de comercialización concibida para dar saída aos produtos afectados polo peche da hostalaría e dos mercados municipais.
Así, a campaña está dirixida aos consumidores finais, non só para conciencialos da calidade dos produtos agroalimentarios galegos, senón tamén para facerlles ver que coa súa compra poden contribuír á viabilidade do sector na comunidade. Nesa liña, tamén se busca recoñecer o importante esforzo que se está a levar a cabo dende o agro galego, no que o complexo agrogandeiro desempeña un papel fundamental para asegurar o abastecemento de alimentos durante o estado de alarma.
Deste xeito, segundo explicou o conselleiro, a intención é animar á cidadanía a mercar nos supermercados sumados á iniciativa as producións que antes compraban nas feiras ou consumían nos restaurantes. Producións como froitas ou hortalizas, viños, produtos lácteos ou apícolas, e carne de vacún, porcino, ovino ou caprino, cuxas canles principais de comercialización agora están pechadas.
Tras enviar solicitude desde o pasado 15 de abril, máis de 370 produtores e industrias transformadoras adheríronse xa a Mercaproximidade. Unha vez se distribúan as súas producións, estarán perfectamente identificadas, deixando claros tanto a súa orixe como o seu vínculo coa iniciativa. A campaña de comunicación tamén irá actualizando a relación de entidades que colaboran con esta fórmula de venda alternativa, adquirindo estes produtos para a súa comercialización. Cabe lembrar que tamén ponde sumarse á rede as empresas que subministran a colectividades ou as plataformas de venda online.
Ata o momento, xa acordaron sumarse á rede as cadeas Gadis, Froiz, Vegalsa-Eroski -cos seus establecementos Eroski e Familia-, El Corte Inglés -cos establecementos Hipercor e Supercor-, Carrefour –cos seus centros Carrefour e Carrefour Market-, Grupo Cuevas -cos seus supermercados Plenus, Aquié e Aquí-, Lidl, Alcampo, Coviran e DIA. Con todo, a iniciativa segue aberta para que se incorporen todas as empresas interesadas en comercializar estes produtos de proximidade e calidade diferenciada.
José González subliñou que a campaña, que se fará visible tanto nos establecementos de alimentación participantes como nos medios de comunicación, poderá compartirse nas diferentes redes sociais empregando o cancelo #VouDeSúperFeirón.
Esta iniciativa enmarcada na rede Mercaproximidade ten como finalidade última frear a perda de ingresos das persoas agricultoras e gandeiras galegas para apoiar o futuro das súas explotacións e garantir así a supervivencia do motor principal da dinamización do rural.
O conselleiro engadiu que a Xunta está a mercar numerosos produtos agroalimentarios para ceder a hospitais, entidades e comedores sociais. Así, hoxe mesmo entrégalle 2.000 queixos ao Banco de Alimentos de Lugo e nos vindeiros días faralles chegar 2.000 tarros de mel. A maiores, destináronse a esa organización 100 toneladas de patacas para repartilas a través das sedes de Cáritas de toda España. A esta cantidade de tubérculo súmanselle outras 30 toneladas que cedeu de forma voluntaria un produtor da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal).





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



