Santiago de Compostela, 27 de abril de 2020. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de reabrir o prazo de presentación de ofertas para a redacción do proxecto de construción da nova estación depuradora de augas residuais de Burela, cun investimento de preto de 120.000 euros.
A Xunta reabriu hoxe o prazo de presentación de ofertas para realizar esta actuación. xa licitada pero afectada inicialmente pola suspensión de prazos nos procedementos administrativos coa declaración do estado de alarma.
A reactivación do procedemento, que recolle xa a plataforma de contratos públicos da Xunta, establece que as empresas interesadas na execución deste proxecto poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro días 28 de maio.
Este contrato ten por obxectivo definir as solucións ás deficiencias detectadas na actual estación depuradora e definir o deseño construtivo da nova planta. Deste xeito, os traballos obxecto deste contrato deberán proxectar unha nova instalación que inclúa pretratamento, tratamento biolóxico e desinfección.
A nova planta de tratamento de augas residuais situarase na zona de servizo do porto de Burela, máis en concreto nunha parcela duns 3.500 m2 nas inmediacións do novo viario de acceso ao peirao.
O obxecto deste contrato permite que a redacción do proxecto construtivo, así como a obra posterior, conten con cofinanciación a través do programa europeo FEDER Galicia 2014-2020.
Esta actuación enmárcase nas tarefas que están a impulsarse desde Augas de Galicia para a mellora do sistema de saneamento neste concello lucense, en apoio ás competencias municipais nas materias de depuración e saneamento.
Neste sentido, ademais do proxecto que se redactará co contrato para o deseño da nova depuradora de Burela, a Xunta está a redactar o proxecto para a mellora do sistema de saneamento do municipio.
Mellora do sistema de saneamento no concello
No caso do saneamento, de competencia municipal, o concello conta cunha rede unitaria moi desenvolvida con graves deficiencias produto da mala xestión das augas pluviais. Deste xeito, aínda que ten separado algunhas redes de pluviais e pequenos mananciais e regatos que estaban canalizados pola rede de saneamento, están a producirse desbordamentos na rede polo importante caudal de infiltracións na rede, incluso en períodos secos.
Para resolver esta problemática, o proxecto no que traballa a Xunta prevé a instalación dunha estación de tratamento e bombeo de augas residuais na zona portuaria para concentrar o caudal recollido polos colectores da contorna do Porto e permitir o seu bombeo á nova depuradora de Burela tras un desbaste previo.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



