Lugo, 27 de abril de 2020.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana vai colaborar hoxe na realización de labores de desinfección no concello de Viveiro.
Isabel Rodríguez explicou que Transportes puxo a disposición do Concello de Viveiro medios humanos e materiais para levar a cabo tarefas de desinfección no viario público.
Para realizar estes labores empregarase un dos camións que se usan para esparexer salmoira pertencente ao parque móbil da Unidade de Estradas do Estado na provincia, con capacidade para regar o viario con 6.000 litros de desinfectante. A actuación realizarase en coordinación con Protección Civil e a Policía Local de Viveiro.
Os traballos de desinfección realizaranse a última hora da tarde en rúas e estradas do termo municipal en cumprimento da planificación feita polo Concello de Viveiro. Concretamente, está previsto que o vehículo faga un percorrido polas estradas LU-540 e LU-862 así como polas principais rúas do casco urbano.
O Concello de Viveiro é o primeiro da provincia en requirir a colaboración do Ministerio de Transportes para a desinfección do viario público.
Con anterioridade, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana xa colaborara na realización deste tipo de labores preventivas en dúas instalacións da Garda Civil na provincia. Concretamente,Transportes facilitou medios humanos e materiais para a desinfección que se levou a cabo, o pasado día 22, nos recintos da Comandancia da Garda Civil, en Lugo, e no Cuartel de Monforte de Lemos.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



