Ribadeo, a 20 de abril de 2020. Os populares ribadenses propoñen a creación dunha comisión técnica público-privada consensuada con todos os partidos da corporación municipal e que dea voz aos distintos sectores implicados de cara ao establecemento dunha estratexia económica para paliar e actuar de maneira inmediata ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19 e impulsar a actividade económica no concello de Ribadeo.
O voceiro do Grupo Municipal do PP, Daniel Vega, sinala a necesidade de “outorgar liquidez ás empresas da nosa vila para axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego ao mesmo tempo que se contribúa a facilitar o cumprimento das obrigas empresariais”.
O obxectivo debe ser o de “protexer o interese xeral da cidadanía de Ribadeo para minimizar o impacto da crise económica provocada polo COVID-19 para que, unha vez finalizada a alarma sanitaria, se produza canto antes una reactivación da economía da nosa vila actuando directamente sobre os sectores e as persoas físicas e xurídicas máis afectadas, como autónomos, PEMES, traballadores e familias”, expoñen dende o Grupo Municipal Popular ribadense.
Así, as medidas inmediatas para o impulso económico que se teñen que levar a cabo, segundo os populares de Ribadeo, son:
1. Apoio a autónomos e PEMES a través dun gabinete técnico que asesore desde os puntos de vista financeiro, xurídico, administrativo e fiscal en horario de mañá e tarde.
2. Axudas directas para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo ou, non sendo este o caso, que a actividade desenvolta pola empresa sufra unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude desta subvención de polo menos o 50%, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os 6 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
3. Axudas directas a aquelas persoas físicas, traballadores por conta allea que experimentaran unha merma nos seus ingresos a consecuencia de ser incluídos nun expediente de regulación temporal de emprego ou tiveran a necesidade de solicitar excedencia ou redución de xornada para a atención de fillos menores de 12 anos aos que lles tivera afectado o peche dos centros educativos con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
Medidas de futuro
O Grupo Municipal do PP engade, ademais, que “non podemos quedarnos na inmediatez, temos que traballar para o futuro, con outro conxunto de medidas”:
1. Apoio e promoción do tecido empresarial de Ribadeo, coa creación dun portal web onde deben estar integrados o sector primario do concello, o comercio local e o sector servizos (hostaleira, restauración, hospedería, ocio…) respaldados por una rede loxística de reparto
2. Apoio ao emprendemento e a instalación de novas empresas cunha simplificación dos trámites, un forte asesoramento e medidas fiscais que favorezan a creación de novo tecido empresarial.
3. Reclamación ao Goberno central do IVE adebedado ao Concello.
4. Esixencia á Entidade Pública Empresarial do Solo (SEPES) da redución do coste das parcelas do polígono industrial para favorecer a implantación de empresas.
5. Apoio á organización de actividades culturais, deportivas e lúdicas ao longo de todo o ano cunha planificación que, ao mesmo tempo que congrega aos ribadenses, atraia visitantes e, polo tanto, contribúa a desestacionalizar o turismo.
Desenvolvemento económico local
Daniel Vega explica que “o papel dos Concellos na crise económica e de emprego que nos vai tocar vivir é clave porque a administración do estado e autonómica proporcionan recursos estándares que unicamente os concellos poden ensamblar e adaptar á súa realidade local particular, exercendo as súas competencias en materia de desenvolvemento económico local e emprego”. É dicir, á entidade local correspóndelle “o deseño dunha estratexia de promoción económica coa que poñer en valor os recursos e proceder á adaptación dos programas ás necesidades locais”.
Colaboración doutras administracións
Os populares apuntan que “para levar a cabo esta estratexia se precisan fondos e para iso pódese empregar o Fondo de Cooperación Local que foi incrementado nun 6,6% pola Xunta neste exercicio, o Plan Único ou incluso xerar unha partida de recursos propios para esta finalidade empregando, por exemplo, a devolución de impostos municipais por parte da Deputación ou calquera outro orzamento.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



