Ribadeo, 20 de abril de 2020. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, en nome de toda a Corporación Municipal, manifesta o seu pesar polo pasamento de Luz Pozo Garza.
Un sentimento que lle quere trasladar á familia da que foi unha grande poeta e unha grande defensora do seu vínculo con Ribadeo, vila na que naceu en xullo de 1922.
A escritora foi nomeada recentemente filla predilecta de Ribadeo, concello no que xa tiña unha rúa co seu nome. Na esquina deste vieiro con Virxe do Camiño está instalado tamén un monólito cun poema seu, formando parte da iniciativa anual que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega fai para homenaxear cada ano un autor o autora: A escritora/ O escritor na súa terra.
As bandeiras do Concello ondean a media asta.
