Mondoñedo 15 de abril 2020: A Asociación As San Lucas de Mondoñedo informa que “tristemente” este ano non poderán celebrarse as tradicionais Feiras e Festas das Quendas ante a situación que se está a vivir a causa da pandemia do Covid-19.
Dende a Asociación organizadora das Feiras e Festas consideran que o “prioritario neste momento é garantir a saúde e o benestar” tanto dos veciños e veciñas como dos “visitantes que anualmente se desprazan ata esta cita festiva”, que reúne en Mondoñedo a centos de persoas, atraídos por un completo programa de actos.
A organización envía “un forte agradecemento” a todos os profesionais “que día tras día están na primeira liña loitando contra esta pandemia e primando a nosa saúde e benestar”. A asociación traslada do mesmo xeito as súas condolencias a todos os familiares e amigos das persoas que lamentablemente perderon a vida por esta enfermidade e envía “ánimo e ilusión a toda a poboación”.
A Asociación As San Lucas “mira ao futuro”. “Seguimos traballando. Esperamos vervos a todas e a todos con saúde nas San Lucas, e que sexan coma sempre lugar de encontro, feira, festa, tradición e cultura”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



