Burela, 30 de abril, 2020. O concello de Burela celebra este xoves un pleno telemático no que se debate a proposta que fai o equipo de goberno para solicitar programas de gasto dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos da deputación de Lugo na especial e singular situación do estado de alarma.
Esta proposta é moi semellante á da convocatoria anterior tanto en termos absolutos coma porcentuais, con moi leves variacións, como se non estivésemos vivindo unha situación excepcional no medio dun estado de alarma. Pola contra nas bases de execución eliminouse o mínimo do 50% da cantidade que achega a deputación de Lugo para destinar a investimentos e crease un novo programa de gastos derivados da crise do Covid-19.
Segundo o voceiro do BNG en Burela, Mario Pillado “tamén o presidente da deputación se dirixiu por carta ós alcaldes para indicar que os prazos estaban suspensos e que os concellos dispoñían de tempo para reorganizar a súa solicitude e destinar fondos ós gastos que lles vai supoñela crise. Aínda así nin as bases da convocatoria nin a carta recibida nas alcaldías conseguiron aclarar que tipo de gastos se podían incluír neste programa, polo que solicitamos información dos técnicos municipais cando revisamos a documentación. Todo fai indicar que eses gastos deberan corresponder á política de servizos sociais e promoción social, pero non está moi claro” sinalou Pillado.
No programa de investimentos que propón o equipo de goberno aparece a segunda fase da obra da rúa Rosalía de Castro cun orzamento duns 168.000 euros, para o voceiro nacionalista “cremos que esa obra pode agardar a futuras convocatorias do plan, incluso no informe de intervención se di que non existe crédito suficiente nos orzamentos en vigor para a achega que o concello fai nesa partida, uns 23.000 euros; para nos é o momento de acumular información e recursos para facer fronte á crise derivada do estado de alarma e á situación posterior. O concello debe analizalas necesidades da vila neste momento e xuntar medios para cubrir esas necesidades, posto que non se sabe que cantidade do superávit do pasado exercicio e do remanente acumulado se vai poder empregar, algo polo que tamén nos interesamos estes días” indicou Mario Pillado.
O BNG ofrece dúas opcións para que a corporación municipal tome unha decisión.
Ante a disxuntiva entre a incerteza creada sobre os gasto que se pode levar a cabo e a necesidade de incrementalos recursos do concello a formación nacionalista presenta dúas alternativas ó plan único para que a corporación municipal escolla.
“Segundo o razoamento que fixemos, creo que os 145.000 euros que a deputación achegaría á obra da rúa Rosalía de Castro se poden destinar a outros gastos, deixando tal como está o orzamento para as outras dúas obras, que si que nos parecen mais urxentes, na rúa Celso Emilio Ferreiro e de reposición de beirarrúas en certos puntos da vila. Eses cartos destinaríanse a compensar a baixada do orzamento do programa do servizo de axuda no fogar, ata 40.000 euros, e o resto para completalo programa de gasto derivado do Covid-19 ata 150.000 euros” describiu o portavoz do bloque.
“Como existen dúbidas acerca de que gastos se poden imputar a ese programa ou de que cantidade achegaría o concello para investimentos existindo crédito suficiente no orzamento ofrecemos unha segunda opción, que sería deixar o tema enriba da mesa, retirar o punto da orde do día, pero todo isto suxeito a que de parte do concello se faga unha análise seria das necesidades reais e actuais da veciñanza de Burela, familias, tecido comercial, hostaleiro e resto de autónomos e se reorganicen os fondos destinados ós diferentes programas solicitados do Plan Único” finalizou Pillado





















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



