Santiago de Compostela, 1 de Abril 2020. A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro telemático con representantes da Asociación de autónomos e pequenas empresas e coa Asociación de traballadores autónomos, principais entidades nas que se organizan as 210.000 persoas que integran este colectivo de traballadores e traballadoras en Galiza.
Un “piar” da economía galega que non se pode “deixar caer” nesta crise, indicou a líder nacionalista, quen considera insuficientes as medidas adoptadas polo Goberno central e pola Xunta, medidas que o BNG apoia pese a que teñen un alcance “limitado”, e por iso pon sobre a mes unha batería de propostas adicionais a favor deste colectivo.
Entre as medidas urxentes que formula o Bloque: eliminar a cota de autónomos durante un período inicial de 3 meses, -“a ingresos cero, cotizacións cero”-, recalca Pontón. Unha axuda directa de 2.000 € por parte do Executivo galego para os casos nos que as persoas autónomas se viran obrigadas a pechar ou reduciran de xeito importante os seus ingresos, axudas que deben ser compatibles coas do Estado.
Igualmente, o BNG propón eliminar o pago do alugueiro ou das cotas da hipoteca durante o período non traballado e aplicar unha quita do 50% nos tres meses seguintes á reapertura da actividade. Estas axudas deben ser extensibles @s autónom@s colaborades. Fundamental tamén reducir burocracia para axilizar a tramitación de axudas e liñas de crédito aprobadas e garantir con medidas de control que a liquidez inxectada á banca chega tanto a este colectivo como as pequenas e medianas empresas.
E, en materia fiscal, a formación nacionalista propón atrasar os pagos de Facenda para non ter que realizar agora nin a declaración trimestral do IVE ni do Imposto de Sociedades. “Estas son as propostas do BNG e seguiremos traballando para que Xunta e Goberno central sexan conscientes de que é necesario un maior apoio para manter un piar fundamental na nosa economía”, recalcou Pontón.
En aras de facilitar a chegada de axudas públicas, o BNG pide que podan ser solicitadas por todos os e as autónomas que sofran unha caída do 50% na súa facturación mensual, agora é do 75%, cando en países como Dinamarca é do 30%. Tamén advirte que a subvención media de 660€ é insuficiente en moitos casos mesmo para cubrir gastos básicos de alugueiro, hipotecas ou facturas de servizos, “polo que á maioría non lle quedará nada que levar a súa casa”.
Devolución do rescate bancario si, baixar pensións, non
En todo caso, e ante as voces que xa piden baixar as pensións e subir impostos, Pontón considera que de ningunha maneira se pode volver cargar o custe da crise sobre as familias e as clases traballadoras. Neste sentido, puxo outras opcións no taboleiro, “empezado por reclamar a devolución dos 60.000 M€ do rescate á banca, que daría para moito; aplicar unha fiscalidade máis xusta e distributiva ás grandes empresas e patrimonios e, desde logo, deixando atrás dogmas liberais para que os Estados e as administracións públicas poidan obter recursos recorrendo ao endebedamento se fose necesario para saír desta crise que vai ter graves consecuencias económicas”.
Falta anticipación e eficacia
A portavoz nacional aproveitou a comparecencia para insistir na urxencia de tomar medidas de calado ante a situación crítica das residencias da terceira idade, reclamando ao Goberno de Feixóo “anticipación é eficacia en lugar de ir un paso por detrás”. “O 22,2% das persoas falecidas por coronavirus en Galiza foron por contaxios en residencias de maiores, isto sinala até que punto falta previsión e anticipación da Xunta”.
Unha situación que “estalou” na residencia de Celanova e que ten novos focos importantes en Vigo e Cangas. Na comparecencia prevista no Parlamento, o BNG espera que o Executivo galego explique que motivou a decisión de trasladar e concentrar ás persoas maiores afectadas en dous centros: un en Baños de Molgas e outro en Santiago de Compostela.
“E que responda a outras moitas preguntas que merecen ser contestadas en sede parlamentaria: cantas persoas maiores foron trasladadas, como se garante que non se van producir contaxios nos traslados, con que persoal sanitario están a ser atendidas neses centros ou como se van atender os dereitos das familias que non están recibindo información”, interpelou Pontón.
Intervir o 100% das residencias privadas
O BNG demanda celeridade e eficacia neste asunto e volve insistir na adopción de medidas contundentes como a realización masiva de test entre residentes e persoal, envío do necesario material sanitario de protección, intervir todas as residencias privadas “para ter o control antes de que se produza a situación de emerxencia con contaxios masivos, hai que anticiparse”, alega a líder nacionalista.
Pontón tamén insta a Feixóo a evitar unha situación de emerxencia similar á das residencias nos centros que atenden a persoas con discapacidade: “hai positivos en Sarria, Redondela e na Coruña”, alerta. “A cidadanía agarda un Goberno que se anticipe, non que improvise nin vaia por detrás dos problemas sobre todo cando falamos de colectivos tan vulnerábeis como persoas maiores ou con discapacidades”, insistiu.
Para o BNG, unha das ensinanzas desta crise “é que non se pode facer da saúde un negocio e que hai que preservar unha sanidade e un sistema de servizos sociais públicos fortes e libres de recortes, porque diso depende a saúde das persoas”, concluío.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



