Ribadeo, 28 de abril, 2020. Anque a atención informativa está centrada no problema do Coronavirus non queremos deixar pasar mais tempo sen dar conta de algúns asuntos de actualidade en relación ca Illa Pancha.
En primeiro lugar debemos suliñar a nosa sorpresa ao descubrir que o Concello de Ribadeo publicita un negocio privado a través de unha fotografía aparecida na páxina de Facebook “Turismo de Ribadeo” tomando parte directa no apoio á privatización da Illa Pancha, sendo que non fai o mesmo con outros establecementos do sector. Consideramos improcedente que o concello utilice os medios públicos para facer publicidade de unha empresa privada xerando un agravio comparativo que non pode pasar desapercibido. Entendemos, polo demais, que esta maneira de actuar é coherente co a política que ven seguindo o goberno municipal neste tema, dende o ano 2014, cando se ocultou aos ribadenses a xestión que se estaba iniciando para privatizar a Illa Pancha. Sen ir máis lonxe, hai varias semanas enterámonos pola prensa de que a empresa adxudicataria da concesión estaba xestionando, dende unha data que o concello mantivo oculta á opinión pública, un novo proxecto de cafetería. Respecto deste asunto presentamos un escrito no rexistro do concello pedindo o acceso ao expediente desta novo proxecto de cafetería. Entendemos que esta petición non debera ser necesaría nunha sociedade medianamente democrática, xa que ao concello sóbralle de saber que o Colectivo por Nuestro Faro representa a un sector apreciable da opinión pública ribadense e un mínimo de transparencia institucional debera traducirse nunha información aberta, non a nos directamente, senón ao conxunto da opinión pública. Seguindo este método participativo a veciñanza tería a oportunidade de enterarse con tempo dos trámites e proxectos que se están xestionando e non recibir as noticias no último minuto, a través de notas de prensa mais ou menos sesgadas, cando xa non queda tempo para exercer os dereitos democráticos, promover debates ou presentar recursos, se fose procedente. Todo este prantexamento forma parte de un modelo de información e participación da veciñanza que ainda non callou no concello de Ribadeo, polo menos no que atinxe ao caso do faro da Illa Pancha que é o motivo do noso colectivo.
En relación co anterior debemos suliñar que estamos na agarda de que se nos recoñeza o dereito a consultar o novo proxecto de cafetería na Illa Pancha, que xa solicitamos antes de que se presentara o problema do coronavirus. Entendemos que teremos acceso ao devandito expediente cando acabe o estado de alarma e agardamos que o concello non tome decisións ao abeiro da opacidade do periodo que estamos pasando.
Outro punto que debemos lembrar é o asunto do dereito ao acceso libre á Illa Pancha que vimos reclamando dende hai moitos meses e que o concello debera esixir á empresa concesionaria dende o día 1 de decembhro de 2017, por ser a data de concesión da licenza de actividade pero que non se fixo efectiva a día de hoxe. Deixando aparte que a situación actual supón un paréntese nesta cuestión debemos suliñar que a resolución da Fiscalía de Lugo recoñeceu expresamente o dereito incuestionable dos veciños e visitantes a ter o libre accso á Illa Pancha a primeiros de xaneiro de 2020, ou sexa dous meses antes de que comezase a situación excepcional xenerada pola pandemia, sen que o concello tomase nengunha iniciativa práctica para garantir este dereito cidadán, como veu facendo nos dous anos longos trancurridos dende a data de concesión da licenza de actividade. Pola nosa banda remitimos un novo escrito á fiscalía no mes de marzo aportando novos datos, do que agaradremos resposta cando a ituación se normalice.
En resumen, suliñar que o noso grupo segue activo e pendente da evolución dos feitos expostos mais arriba e particularmente vixiante de que non se tomen acordos ou decisión que perxudiquen aos intereses colectivos dos ribadenses en beneficio de unha empresa privada ao abeiro do silencio administrativo imposto por estas circunstancias excepcionais.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



